A abamectina é un insecticida e anthelmíntico amplamente usado. É un membro da familia da avermectina e é un produto da fermentación natural da bacteria actinomiceta do solo[1] Streptomyces avermitilis.[2] A abamectina (tamén chamada avermectina B1), difire da ivermectina, outro membro moi utilizado da familia da avermectina, polo seu dobre enlace en C-22-25.[2] A fermentación realizada por Streptomyces avermitilis rende 8 homólogos moi relacionados da avermectina dos cales a B1 (a e b) forma a maior parte dos produtos de fermentación.[3] A denominación común internacional abamectina, é unha combinación de Bla (~ 80%) e B1b (~ 20%).[3] De todas as avermectinas, a abamectina é a única que se usa tanto na agricultura coma na farmacéutica.[4]

Abamectina
Datos clínicos
Sinónimosavermectina B1 (nome CAS), MK-936
Código ATCvet
Identificadores
Número CAS
Datos químicos e físicos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Modo de acción editar

As avermectinas únense a canles de cloruro de apertura regulada polo glutamato que se encontran nos nervios e células musculares de invertebrados.[5] Causan a hiperpolarización destas células que ten como resultado a parálise e a morte.[5] Os mamíferos só posúen canles de cloruro regulados polo glutamato no cerebro e medula espiñal e as avermectinas teñen unha baixa afinidade por outras canles reguladas por ligando de mamíferos e xeralmente non cruzan a barreira hematoencefálica, polo que son moi seguras para os mamíferos.[6]

Historia editar

As avermectinas descubríronse en 1967 en caldos de fermentación de cultivos de bacterias actinomicetas recibidas do Instituto Kitasato do Xapón, despois dunha intensa investigación deseñada para atopar produtos naturais con actividade antihelmíntica.[7] A ivermectina empezouse a usar en 1985 para tratar as infestacións por Onchocerca volvulus (oncocercose ou cegueira do río) en humanos polas Nacións Unidas.[8] Os descubridores da avermectina, William C. Campbell e Satoshi Ōmura, compartiron o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía de 2015.[9]

Actividade editar

A abamectina é un insecticida e tamén un acaricida[2] e nematicida. Tamén se usa para o control das formigas de fogo.[10] A abamectina adminístrase oralmente a cabalos para eliminarlles os vermes.[11]

Uso editar

A abamectina tamén se usa como un antihelmíntico veterinario. A resistencia a antihelmínticos baseados na abamectina, aínda que é un problema crecente, non é tan común coma para outras clases de antihelmínticos veterinarios clásicos.[12] O sal benzoato emamectina benzoato tamén se usa como insecticida. As avermectinas foron usadas para tratar varios padecementos causados por parasitos en humanos e outros animais.[13] As avermectinas, incluída a abamectina, foron estudadas para o seu uso en terapias anti alcohol.[14][13]

Degradación no medio ambiente editar

A abamectina degrádase rapidamente cando se expón á luz (fotodegradación) na superficie das plantas, no solo, excrementos e auga.[15] A vida media das avermectinas (incluíndo a abamectina) varía entre 0,5 e 23 días dependendo da proporción e substrato (auga, solo, feces, plantas).[16] A avermectina B1a aplicada a 0,022-0,032 kg de ingrediente activo por hectárea (50% maior que as proporcións recomendadas) orixina un nivel de residuo moi baixo.[17]

Acción sobre as abellas editar

A abamectina é moi tóxica para as abellas tanto se a consomen como por contacto directo.[18] Porén, nas partes das plantas sobre as que se aplica un spray de abemectina non causa toxicidade para as abellas 24 horas despois do seu tratamento.[18][19] A razón desta baixa toxicidade na follaxe débese á súa vida media <24 horas na superficie das plantas.[20]

Nomes comerciais editar

Entre os seus nomes comerciais están: Abba, Abathor, Affirm, Agri-Mek, Avid, Dynamec, Epi-Mek, Genesis Horse Wormer, Reaper, Termictine 5%, Vertimec, CAM-MEK 1.8% EC (cam para compostos agroquímicos), Zephyr e Cure 1.8 EC, entre outros.[21][22]

Notas editar

  1. Ikeda H, Ishikawa J, Hanamoto A, Shinose M, Kikuchi H, Shiba T, et al. (maio de 2003). "Complete genome sequence and comparative analysis of the industrial microorganism Streptomyces avermitilis". Nature Biotechnology 21 (5): 526–31. PMID 12692562. doi:10.1038/nbt820. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Campbell WC (6 de decembro de 2012). Ivermectin and Abamectin. Springer Science & Business Media. pp. 304–. ISBN 978-1-4612-3626-9. 
  3. 3,0 3,1 Jansson RK, Dybas RA (1998). "Avermectins: Biochemical Mode of Action, Biological Activity and Agricultural Importance". En Ishaaya I, Degheele D. Insecticides with Novel Modes of Action: Mechanisms and Application. Applied Agriculture (en inglés). Berlin, Heidelberg: Springer. pp. 152–170. ISBN 978-3-662-03565-8. doi:10.1007/978-3-662-03565-8_9. 
  4. Shoop WL, Mrozik H, Fisher MH (1995). "Structure and activity of avermectins and milbemycins in animal health". Veterinary Parasitology (en inglés) 59 (2): 139–156. PMID 7483237. doi:10.1016/0304-4017(94)00743-V. 
  5. 5,0 5,1 Wolstenholme AJ, Rogers AT (2006-03-29). "Glutamate-gated chloride channels and the mode of action of the avermectin/milbemycin anthelmintics". Parasitology. 131 Suppl (S1): S85–95. PMID 16569295. doi:10.1017/S0031182005008218. 
  6. Omura S, Crump A (setembro de 2014). "Ivermectin: panacea for resource-poor communities?". Trends in Parasitology 30 (9): 445–55. PMID 25130507. doi:10.1016/j.pt.2014.07.005. 
  7. Lasota JA, Dybas RA (1991). "Avermectins, a novel class of compounds: implications for use in arthropod pest control". Annual Review of Entomology 36 (1): 91–117. PMID 2006872. doi:10.1146/annurev.en.36.010191.000515. 
  8. Crump A, Ōmura S (2011). "Ivermectin, 'wonder drug' from Japan: the human use perspective". Proceedings of the Japan Academy. Series B, Physical and Biological Sciences 87 (2): 13–28. Bibcode:2011PJAB...87...13C. PMC 3043740. PMID 21321478. doi:10.2183/pjab.87.13. 
  9. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2015". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2021-04-09. 
  10. "Ascend / Advance | Texas Imported Fire Ant Research and Management Project". fireant.tamu.edu. Consultado o 2021-04-08. 
  11. "Equine Megastore - Horse Wormers". www.equine-mega-store.com. Consultado o 2021-04-08. 
  12. Kaminsky, R., Bapst, B., Stein, P. A., Strehlau, G. A., Allan, B. A., Hosking, B. C., Rolfe, P. F., & Sager, H. (2011). Differences in efficacy of monepantel, derquantel and abamectin against multi-resistant nematodes of sheep. Parasitology research, 109(1), 19–23. https://doi.org/10.1007/s00436-010-2216-0
  13. 13,0 13,1 El-Saber Batiha G, Alqahtani A, Ilesanmi OB, Saati AA, El-Mleeh A, Hetta HF, Magdy Beshbishy A (agosto de 2020). "Avermectin Derivatives, Pharmacokinetics, Therapeutic and Toxic Dosages, Mechanism of Action, and Their Biological Effects". Pharmaceuticals 13 (8): 196. PMC 7464486. PMID 32824399. doi:10.3390/ph13080196. 
  14. Yardley MM, Neely M, Huynh N, Asatryan L, Louie SG, Alkana RL, Davies DL (setembro de 2014). "Multiday administration of ivermectin is effective in reducing alcohol intake in mice at doses shown to be safe in humans". NeuroReport 25 (13): 1018–23. PMC 4126080. PMID 25004078. doi:10.1097/wnr.0000000000000211. 
  15. Halley BA, VandenHeuvel WJ, Wislocki PG (1993). "Environmental effects of the usage of avermectins in livestock". Veterinary Parasitology (en inglés) 48 (1–4): 109–125. PMID 8346626. doi:10.1016/0304-4017(93)90149-H. 
  16. Bai SH, Ogbourne S (xullo de 2016). "Eco-toxicological effects of the avermectin family with a focus on abamectin and ivermectin". Chemosphere 154: 204–214. Bibcode:2016Chmsp.154..204B. PMID 27058912. doi:10.1016/j.chemosphere.2016.03.113. 
  17. Moye HA, Malagodi MH, Yoh J, Leibee GL, Ku CC, Wislocki PG (1987). "Residues of avermectin B1a in rotational crops and soils following soil treatment with [14C]avermectin B1a". Journal of Agricultural and Food Chemistry (en inglés) 35 (6): 859–864. ISSN 0021-8561. doi:10.1021/jf00078a003. 
  18. 18,0 18,1 Wislocki, P. G.; Grosso, L. S.; Dybas, R. A. (1989). Environmental Aspects of Abamectin Use in Crop Protection. Ivermectin and Abamectin (New York, NY: Springer New York). pp. 182–200. ISBN 978-1-4612-8184-9. doi:10.1007/978-1-4612-3626-9_13. Consultado o 2021-04-09. 
  19. Lumaret, Jean-Pierre; Errouissi, Faiek; Floate, Kevin; Rombke, Jorg; Wardhaugh, Keith (2012-04-01). "A Review on the Toxicity and Non-Target Effects of Macrocyclic Lactones in Terrestrial and Aquatic Environments". Current Pharmaceutical Biotechnology 13 (6): 1004–1060. ISSN 1389-2010. PMC 3409360. PMID 22039795. doi:10.2174/138920112800399257. 
  20. Bai, Shahla Hosseini; Ogbourne, Steven (2016). "Eco-toxicological effects of the avermectin family with a focus on abamectin and ivermectin". Chemosphere (en inglés) 154: 204–214. Bibcode:2016Chmsp.154..204B. PMID 27058912. doi:10.1016/j.chemosphere.2016.03.113. 
  21. ABAMECTIN - EXTOXNET PIP [1]
  22. ZAGRO [2]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar