Abartzuza
Coordenadas: 42°43′35″N 2°1′21″O / 42.72639, -2.02250
Abartzuza | ||
---|---|---|
Abárzuza | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Comarca | Estella Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 569 msnm | |
Superficie | 23,02 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 556 | |
Densidade | 24,15 | |
Xentilicio | Abartzuzar | |
Outros datos | ||
Código postal | 31xxx | |
Alcalde | José María Ros Antona (Agrupación Electoral Elkea) | |
Páxina oficial |
Abartzuza (en éuscaro) ou Abárzuza (en castelán, as dúas formas oficiais) é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Estella, na comarca de Estella Oriental e a 37 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 556 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,02 km² e a súa densidade de poboación é de 24,15 hab/km².
ToponimiaEditar
O nome do concello provén do éuscaro e vería a significar lugar abondoso en leña; de abar (póla en éuscaro), zur (madeira) ou tzu (sufixo de abundancial) e -tza (sufixo abundancial ou locativo). No 2011, o concello, que está situado lingüisticamente na zona mixta de Navarra, adoptou unha denominación cooficial en lingua éuscara.
DemografíaEditar
Evolución demográfica | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
508 | 517 | 514 | 514 | 516 | 510 | 522 | 514 | 534 | 563 | 579 |
Fontes: Abartzuza e Instituto de Estadística de Navarra |
Distribución da poboaciónEditar
O concello divídese nas seguintes entidades de poboación, segundo o nomenclátor de poboación publicado polo INE (Instituto Nacional de Estadística). Os datos de poboación refírense a 2014.
Entidade de Poboación | Poboación (2014) |
---|---|
Abartzuza | 535 |
Anderaz | 11 |
Monasterio de Iranzu | 10 |
Lugares de intereseEditar
Ademais de varias casas brasonadas e da igrexa gótico-renacentista da Nosa Señora da Asunción, a só catro quilómetros do núcleo urbano eríxese o Mosteiro de Santa María a Real de Iranzu que foi declarado ben de interese cultural o 3 de xuño de 1931.
NotasEditar
- ↑ Instituto Nacional de Estadística (ed.). "INEbase / Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales". Consultado o 25 de xullo de 2010.