Aaron Spelling

Aaron Spelling, nado en Dallas (Texas) o 22 de abril de 1923 e finado nos Ánxeles (California) o 23 de xuño de 2006, foi un produtor estadounidense de filmes e series de televisión.

Aaron Spelling
Aaron Spelling.jpg
Nacemento22 de abril de 1923
Lugar de nacementoDallas
Falecemento23 de xuño de 2006
Lugar de falecementoOs Ánxeles
CausaIctus
SoterradoHillside Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Metodista Meridional e James Madison High School
Ocupaciónguionista, produtor de cinema, actor, realizador, produtor delegado e produtor de televisión
CónxuxeCarolyn Jones e Candy Spelling
FillosRandy Spelling e Tori Spelling
Premiosstar on Hollywood Walk of Fame
Na rede
IMDB: nm0005455 Allocine: 51241 Rottentomatoes: celebrity/aaron_spelling Allmovie: p112276
WikiTree: Spelling-8 Find a Grave: 14712380 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Procedía dunha familia de xudeus chegados de Polonia que mudaran o seu apelido de Spurling a Spelling. Serviu durante a Segunda Guerra Mundial. Traballou como actor en pequenos papeis desde 1953, ano no que tamén casou coa actriz Carolyn Jones, vendeu o seu primeiro guión en 1954 e seguiu a actuar ata 1957 e entrou na produtora Four Star Televisión onde creou a serie The Lloyd Bridges Show (1963). Divorciouse en 1964 e no ano 1966 formou unha produtora con Danny Thomas que tivo o seu primeiro éxito con The Mod Squad en 1968 ano no que volveu a casar, con Candy Gene, pouco despois fundou a produtora Aaron Spelling Productions que a partir de 1972 produciu series ben coñecidas da televisión como The Love Boat, Starsky and Hutch, Melrose Place, The Rookies, Charlie's Angels, Beverly Hills 90210, 7th Heaven, Jane's House ou o drama Sunset Beach.