O AaB Ishockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Aalborg (Dinamarca). Actualmente xoga na Superisligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo dinamarqués, competición que gañou nunha ocasión (1981). Xoga os seus partidos como local no Gigantium Isarena, un pavillón con capacidade para 5 000 espectadores. Trátase da sección de hóckey sobre xeo do Aalborg BK.

AaB Ishockey
Fundación1967
Cidade Aalborg,
Nordjylland
Dinamarca Dinamarca
EstadioGigantium Isarena
(5 000 espectadores)
LigaSuperisligaen
Campionatos1
AdestradorMartin Karlsson
CoresVermello e branco
           
Na rede
http://ishockey.aabsport.dk/

Historia editar

O Aalborg BK af 1885 fundouse en 1885 e en 1967 creouse a sección de hóckey sobre xeo. En 1997 fusionouse para formar o Aalborg IK. En 2003, foi renomeado como AaB Ishockey. Compite na Superisligaen (por motivos de patrocinio AL-Bank ligaen) dende 1981.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar