A silva na cultura popular galega

Locucións editar

  • Avogado das silveiras: aplícase a quen, sen ter o título de avogado, presume de saber de leis. Tamén, a quen adoita actuar de mala fe para provocar disputas e preitos dos que tirar algún proveito.
  • Fillo de tralas silveiras: fillo de solteira [1].
  • Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición [2].

Refraneiro editar

  • Ano de amoras, ano de choras [3][4].
  • Pouca lá e polas silveiras [5].
  • Se San Xoán chora, a silveira non dá mora [6].
  • Se San Xoan chora, a silveira non dá moras [7].

Cantigueiro editar

  • A silva que me picou/ ela no camiño queda,/ inda me non picou silva/ que me non vingase dela [8].
  • A silveira prendediza/ prende no aro da poza;/ tamén os amores prenden/ no curazón dunha moza [9].
  • Antes quero á miña porta/ unha silva que me pique/ que non unha mala lengoa/ que a miña honra me quite (Xaquín Lorenzo Fernández, 41.</ref>.
  • Arriba raposo,/que estás tras do toxo,/non comas o año/a Pedro Castaño/que vai na ribeira/catar a manteiga/pra a vella parida/que está na silveira/con feixe de estelas/queimando as canelas.</ref>.
  • Dices que non pode ser/ silva verde dar un cravo,/ védelo eiquí ben bonita/ criado no monte bravo [10].
  • Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno [11].
  • Moreniña, moreniña,/ morena coma unha mora;/ non sei que ten o moreno/ que a todo o mundo namora [12].
  • O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas [13].
  • O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira [14].
  • O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira [15].
  • O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira [16].
  • Quen me dera miña nai/ anque fora dunha silva,/ que anque me a silva picara/ eu sempre era a súa filla (Xaquín Lorenzo Fernández, 137.</ref>.
  • Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición (Xaquín Lorenzo Fernández', 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.</ref>.
  • Teño unha silveira á porta/ que de contado me prende,/ teño unha mala veciña/ que sen diñeiro me vende (Xaquín Lorenzo Fernández, 153.</ref>.
  • Tu disme que non me queres,/ non me dá pena maldita,/ que a mancha dunha mora/ con outra verde se quita (Xaquín Lorenzo Fernández, 157.</ref>.

Notas editar

  1. Constantino García González.
  2. Victgoria Cerviño Ferrín 2013.
  3. Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  5. Equivale a eramos poucos e pariu a avoa.
  6. Rosario Soto Arias 2013.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 47.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 47. No orixinal: de unha.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 70.
  11. Elixio Rivas Quintas (1978).
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 105.
  13. Fermín Bouza Brey 1929, 196.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
  15. Xosé Ramón Fernández-Oxea, 217.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 123.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
  • GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985.
  • RAMÓN E FERNÁNDEZ OXEA, Xosé (BEN CHO SHEY): Santa Marta de Moreiras, Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 41. Ed. do Castro, Sada 1982.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.