A que non sabes quen vén cear esta noite?
A que non sabes quen vén cear esta noite?[5] (en inglés: Guess Who's Coming to Dinner) é un filme estadounidense dirixido por Stanley Kramer que se estreou no 1967. Está protagonizado por Spencer Tracy, Katharine Hepburn, Sidney Poitier, Katharine Houghton e Cecil Kellaway nos papeis principais. É un filme satírico cara á sociedade estadounidense, cuxo tema central ten as súas bases na discriminación imperante na época da súa realización. Estreouse en galego na TVG o 15 de maio de 1992.[6]
A que non sabes quen vén cear esta noite? | |
---|---|
Katharine Hepburn e Spencer Tracy no avance do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Guess Who's Coming to Dinner |
Director | Stanley Kramer |
Produtor | Stanley Kramer |
Guión | William Rose |
Intérpretes | Spencer Tracy Sidney Poitier Katharine Hepburn Katharine Houghton Cecil Kellaway Beah Richards Roy E. Glenn |
Música | Frank DeVol |
Fotografía | Sam Leavitt |
Montaxe | Robert C. Jones |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 12 de decembro de 1967 15 de maio de 1992 (TVG) |
Duración | 108 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, drama |
Orzamento | $4 000 000[2] |
Recadación | $56 666 667 (USA)[3] $70 000 000 (Internacional)[4] |
Na rede | |
Sinopse
editarO filme inicia cando Joanna Drayton, (Katharine Houghton), filla de Christina (Katharine Hepburn) e Matt Drayton (Spencer Tracy), un matrimonio acomodado, chega a casa acompañada por un médico afroamericano chamado John Prentice (Sidney Poitier), presentándollelo ós seus pais e anunciándolles que van casar. Aínda que son liberais e non teñen prexuízos raciais, o pai cre que un matrimonio como este fracasará inexorablemente debido á presión social.
Personaxes
editar- Spencer Tracy como Matt Drayton
- Sidney Poitier como Dr. John Prentice
- Katharine Hepburn como Christina Drayton
- Katharine Houghton como Joanna "Joey" Drayton
- Cecil Kellaway como Monseñor Ryan
- Beah Richards como Mrs. Prentice
- Roy E. Glenn como Mr. Prentice
- Virginia Christine como Hilary St.George
- Alexandra Hay como Carhop
- Isabel Sanford como Matilda 'Tillie' Binks
- Barbara Randolph como Dorothy
- D'Urville Martin como Frankie
- Tom Heaton como Peter
- Grace Gaynor como Judith
- Skip Martin como Delivery Boy
- John Hudkins como Condutor de Taxi
- Jacqueline Fontaine como Cantante (non acreditada)
Galardóns e nomeamentos
editar- 1967: 2 Oscars: Mellor actriz (Katharine Hepburn), guión orixinal. 10 nomeamentos.
Notas
editar- ↑ Video Hound's Golden Movie Retriever: The Complete Guide to Movies on Videocassette and DVD. Gale. 2004. p. 355. ISBN 0-7876-7470-2.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "Guess Who's Coming to Dinner, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ "Guess Who's Coming to Dinner, Box Office Information". IMDb. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ Xornal de Galicia
- ↑ La Voz de Galicia, 15 de maio de 1992. Páx. 79, co título ¿A que non sabes quen vén esta noite?