Abrir o menú principal

A princesiña

filme de 1995 dirixido por Alfonso Cuarón

A princesiña (en inglés: A Little Princess) é un filme dirixido por Alfonso Cuarón que foi estreado en 1995. Está baseada na novela homónima de Frances Hodgson Burnett, A Little Princess. A acción desenvólvese na Nova York durante a I Guerra Mundial. Estreouse en galego na TVG o 8 de decembro de 2010.[1]

A princesiña
Ficha técnica
Título orixinalA Little Princess
DirectorAlfonso Cuarón
ProdutorAlan C. Blomquist
Dalisa Cohen
Amy Ephron
Mark Johnson
GuiónRichard LaGravenese
Elizabeth Chandler
Baseado enA Little Princess de Frances Hodgson Burnett
IntérpretesLiesel Matthews
Eleanor Bron
Vanessa Lee Chester
Liam Cunningham
Rusty Schwimmer
Arthur Malet
Errol Sitahal
MúsicaPatrick Doyle
FotografíaEmmanuel Lubezki
MontaxeSteven Weisberg
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaFlag of the United States.svg 10 de maio de 1995
Galicia 8 de decembro de 2010 (TVG)
Duración97 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía, aventuras
Orzamento$17 000 000
Recadación$10 015 449

ArgumentoEditar

Das selvas da India ás rúas de Nova York, esta é a historia dunha pequena e afouta cativa que queda orfa e sen cartos, pero que grazas a un máxico poder conseguirá superar os obstáculos e conseguir os seus soños. Sara Crewe (Liesel Matthews) chega a un estrito internado para rapazas rexido polas regras da madame Minchin (Eleanor Bron). Sara convértese nunha rapaza popular entre as demais estudantes polos seus fantásticos contos sobre a India. Todo cambiará cando recibe novas da desaparición do seu pai na guerra e polo tanto queda desposuída dos seus bens. Ante isto, a madame Minchin fai que Sara fique como criada no colexio para pagar os gastos que ocasionou coa súa estadía. Para escapar da súa penosa realidade refúxiase na fantasía coa súa amiga Becky (Vanessa Lee Chester).

PersonaxesEditar

PremiosEditar

  • 1995: Dous nomeamentos ós Oscar: Mellor fotografía e mellor dirección artística.

NotasEditar

  1. "A princesiña na TVG". DiarioSiglo XXI. 8 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase taménEditar