Abrir o menú principal

Fábula de Schleicher

(Redirixido desde "A ovella e os cabalos")

A fábula de Schleicher (avis akvāsas ka) é un texto artificial composto nun protoindoeuropeo reonstruído (PIE), publicado por August Schleicher en 1868. Schleicher foi o primeiro estudoso en compoñer un texto en PIE. A fábula titúlase Avis akvāsas ka ("A ovella e os cabalos"). En épocas posteriores varios autores teñen publicado versións revisadas da fábula de Schleicher, como unha idea de cómo o PIE debía ter mudado co paso do tempo. A fábula pode servir como unha ilustración dos cambios significativos que esta lingua reconstruída vén sufrindo durante os últimost 140 anos de traballo académico. A primeira revisión da fábula de Schleicher fíxoa Hermann Hirt (publicada por Arntz en 1939). Unha segunda revisión publicouna Winfred Lehmann e Ladislav Zgusta en 1979 [1] Outra versión feita por Douglas Q. Adams apareceu no EIEC (1997:501). En 2007 Frederik Kortlandt publicou aínda outra versión na súa páxina web.[2]

A ovella e os cabalosEditar

Schleicher (1868)Editar

Avis akvāsas ka

Avis, jasmin varnā na ā ast, dadarka akvams, tam, vāgham garum vaghantam, tam, bhāram magham, tam, manum āku bharantam. Avis akvabhjams ā vavakat: kard aghnutai mai vidanti manum akvams agantam. Akvāsas ā vavakant: krudhi avai, kard aghnutai vividvant-svas: manus patis varnām avisāms karnauti svabhjam gharmam vastram avibhjams ka varnā na asti. Tat kukruvants avis agram ā bhugat.

Hirt (1939)Editar

Owis ek’wōses-kʷe

Owis, jesmin wьlənā ne ēst, dedork’e ek’wons, tom, woghom gʷьrum weghontm̥, tom, bhorom megam, tom, gh’ьmonm̥ ōk’u bherontm̥. Owis ek’womos ewьwekʷet: k’ērd aghnutai moi widontei gh’ьmonm̥ ek’wons ag’ontm̥. Ek’wōses ewьwekʷont: kl’udhi, owei!, k’ērd aghnutai vidontmos: gh’ьmo, potis, wьlənām owjôm kʷr̥neuti sebhoi ghʷermom westrom; owimos-kʷe wьlənā ne esti. Tod k’ek’ruwos owis ag’rom ebhuget.

Lehmann e Zgusta (1979)Editar

Owis eḱwōskʷe

Gʷərēi owis, kʷesjo wl̥hnā ne ēst, eḱwōns espeḱet, oinom ghe gʷr̥um woǵhom weǵhontm̥, oinomkʷe meǵam bhorom, oinomkʷe ǵhm̥enm̥ ōḱu bherontm̥. Owis nu eḱwobh(j)os (eḱwomos) ewewkʷet: "Ḱēr aghnutoi moi eḱwōns aǵontm̥ nerm̥ widn̥tei". Eḱwōs tu ewewkʷont: "Ḱludhi, owei, ḱēr ghe aghnutoi n̥smei widn̥tbh(j)os (widn̥tmos): nēr, potis, owiōm r̥ wl̥hnām sebhi gʷhermom westrom kʷrn̥euti. Neǵhi owiōm wl̥hnā esti". Tod ḱeḱluwōs owis aǵrom ebhuget.

Adams (1997)Editar

H2óu̯is h1ék̂u̯ōs-kʷe

Gʷr̥hxḗi] h2óu̯is, kʷési̯o u̯lh2néh4 ne (h1é) est, h1ék̂u̯ons spék̂et, h1oinom ghe gʷr̥hxúm u̯óĝhom u̯éĝhontm̥ h1oinom-kʷe ĝ méĝham bhórom, h1oinom-kʷe ĝhménm̥ hxṓk̂u bhérontm̥. h2óu̯is tu h1ek̂u̯oibh(i̯)os u̯eukʷét: 'k̂ḗr haeghnutór moi h1ék̂u̯ons haéĝontm̥ hanérm̥ u̯idn̥téi. h1ék̂u̯ōs tu u̯eukʷónt: 'k̂ludhí, h2óu̯ei, k̂ḗr ghe haeghnutór n̥sméi u̯idn̥tbh(i̯)ós. hanḗr, pótis, h2éu̯i̯om r̥ u̯l̥h2néham sebhi kʷr̥néuti nu gʷhérmom u̯éstrom néĝhi h2éu̯i̯om u̯l̥h2néha h1ésti.' Tód k̂ek̂luu̯ṓs h2óu̯is haéĝrom bhugét.

Kortlandt (2007)Editar

ʕʷeuis ʔkeuskʷe

ʕʷeuis iosmi ʕuelʔn neʔst ʔekuns ʔe 'dērkt, tom 'gʷrʕeum uogom ugentm, tom m'geʕm borom, tom dgmenm ʔoʔku brentm. ʔe uēukʷt ʕʷeuis ʔkumus: kʷntske ʔmoi kērt ʕnerm ui'denti ʔekuns ʕ'gentm. ʔe ueukʷnt ʔkeus: kludi ʕʷuei, kʷntske nsmi kērt ui'dntsu: ʕnēr potis ʕʷuiom ʕulʔenm subi gʷormom uestrom kʷrneuti, ʕʷuimus kʷe ʕuelʔn neʔsti. To'd kekluus ʕʷeuis ʕe'grom ʔe bēu'gd.

Lühr (2008)Editar

h2ówis h1ék’wōskwe

h2ówis, (H)jésmin h2wlh2néh2 ne éh1est, dedork’e (h1)ék’wons, tóm, wóg’hom gwérh2um wég’hontm, tóm, bhórom még’oh2m, tóm, dhg’hémonm h2oHk’ú bhérontm. h2ówis (h1)ék’wobhos ewewkwe(t): k’ḗrd h2ghnutoj moj widntéj dhg’hmónm (h1)ék’wons h2ég’ontm. (h1)ék’wōs ewewkw: k’ludhí, h2ówi! k’ḗrd h2ghnutoj widntbhós: dhg’hémō(n), pótis, h2wlnéh2m h2ówjom kwnewti sébhoj gwhérmom wéstrom; h2éwibhoskwe h2wlh2néh2 né h1esti. Tód k’ek’luwṓs h2ówis h2ég’rom ebhuge(t).

TraduciónEditar

A ovella e os cabalos

[Nun outeiro,] unha ovella que non tiña la veu cabalos, tirando un deles dun carro, outro levando unha pesada carga e outro portando un home velozmente. A ovella díxolle aos cabalos: "O meu corazón dóeme, ao ver un home guiando cabalos". Os cabalos dixeron: "Escoita, ovella, os nosos corazóns dóennos cando vemos isto: un home, o amo, converte a la da ovella nun vestido cálido para el. E a ovella non ten la". Tras oír isto, a ovella escapou á chaira.

Diferenzas notábeisEditar

Algunhas das diferenzas entre os textos son só distintas convencións de grafía: w e u e.g. son só diferentes maneiras de indicar o mesmo son, un u consonántico. Porén, outras moitas diferenzas deben ser explicadas como puntos de vista moi diverxentes sobre os sistemas fonolóxicos e morfolóxicos do indoeuropeo. A reconstrución de Schleicher asumía que o vocalismo o/e era secundario,e o seu PIE está baseado moito máis próximo ao sánscrito do que a reconstrución moderna. Hirt introduciu o vocalismo o/e, soantes silábicas, labiovelares e velares palatais. Lehmann e Zgusta introduciron algúns lexemas alternativos (o pronome relativo kʷesjo; a palabra nēr 'home'), e deron algúns primeiros pasos cara á dirección da aceptación das teoría das laringais. O seu texto amosa un h (wl̥hnā) polo que parecen aceptar como unha única laringal do PIE. Adams foi o primeiro que reflectiu plenamente a teoría laringal na súa versión da fábula. A xulgar polo texto, parece asumir catro laringais diferentes. En consecuencia o texto de Adam xa non amosa ā longo en ningures. A versión de Kortlandt é unha desviación radical dos textos anteriores en moitos aspectos. En primeiro lugar, seguiu a teoría glotálica, escribindo as oclusivas glotais cun apóstrofe prefixado ('d) e omitindo as oclusivas sonoras aspiradas. En segundo lugar, substitúe os signos abstractos para as laringais polos seus supostos valores fonéticos: h1 = ʔ (ataque glotal), h2 = ʕ (fricativa faringal), h3 = ʕʷ (fricativa faringal con redondeamento de labios). En terceiro lugar, omite as velares palatais, reducindo a serie das oclusivas a velares e labiovelares. Kortlandt tamén ten unha opinión diferente sobre os graos de Ablaut en moitas formas verbais e nominais, en comparación cos outros autores.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arntz, Helmut (ed.), Hirt, Hermann: Die Hauptprobleme der indogermanischen Sprachwissenschaft. Niemeyer, Halle a.d. Saale 1939 (Sammlung kurzer Grammatiken germanischer Dialekte. B. Ergänzungsheft 4).
  • Kortlandt, Frederik. 2007. For Bernard Comrie.
  • Lehmann, W., and L. Zgusta. 1979. Schleicher's tale after a century. In Festschrift for Oswald Szemerényi on the Occasion of his 65th Birthday, ed. B. Brogyanyi, 455–66. Amsterdam.
  • Mallory, J. P. and Adams, D. Q.: Encyclopedia of Indo-European Culture. London, 1997. p. 500ss.
  • Schleicher, August: Fabel in indogermanischer Ursprache. In: Beiträge zur vergleichenden Sprachforschung auf dem Gebiete der arischen, celtischen und slawischen Sprachen. 5/1868. Dümmler, Berlin, p. 206-208.
  • Lühr, Rosemarie Von Berthold Delbrück bis Ferdinand Sommer: Die Herausbildung der Indogermanistik in Jena.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar