A noite do cazador

filme de 1955 dirixido por Charles Laughton

A noite do cazador (en inglés: The Night of the Hunter) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Charles Laughton e protagonizado por Robert Mitchum, Shelley Winters e Lillian Gish. O guión de James Agee baséase na novela homónima de Davis Grubb de 1953. A novela e o filme inspíranse na historia real de Harry Powers, que foi aforcado en 1932 polo asasinato de dúas viúvas e tres nenos en Clarksburg, Virxinia Occidental. O estilo lírico e expresionista apártano doutros filmes de Hollywood da mesma época e influenciou a directores posteriores como David Lynch, Martin Scorsese e Rainer Werner Fassbinder.[1]

A noite do cazador
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Night of the Hunter
DirectorCharles Laughton
ProdutorPaul Gregory
GuiónJames Agee
Baseado enThe Night of the Hunter, de Davis Grubb
IntérpretesRobert Mitchum
Shelley Winters
Lillian Gish
Billy Chapin
MúsicaWalter Schumann
FotografíaStanley Cortez
MontaxeRobert Golden
EstudioPaul Gregory Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea26 de xullo de 1955
Duración92 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento795 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0048424 Filmaffinity: 488593 Allocine: 4963 Rottentomatoes: m/night_of_the_hunter Mojo: nightofthehunter Allmovie: v35305 TCM: 17678 Metacritic: movie/the-night-of-the-hunter TV.com: movies/the-night-of-the-hunter Netlix: 804679Editar o valor em Wikidata

En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry. A revista Cahiers du cinéma escolleu A noite do cazador en 2008 como o segundo mellor filme de todos os tempos, tras Cidadán Kane.[2]

Foi emitido na TVG o 12 de febreiro de 1994.[3]

Argumento editar

Un home esconde unha gran cantidade de cartos roubados na boneca da súa filla Pearl. Deseguido é apresado, mais antes fixo que os seus fillos prometesen que nunca revelarían onde está o diñeiro. Condenado a morte no cárcere, soña cos cartos, o que atrae a atención do seu compañeiro de cela, o falso reverendo Harry Powell, en segredo un asasino psicópata, mais preso por un delito menor. Cando é liberado, Powell viaxa ata a cidade natal do seu antigo compañeiro de cela para descubrir o agocho do diñeiro e aproxímase á familia. Ninguén desconfía del, agás o fillo máis vello, John.

Elenco editar

Notas editar

  1. Töteberg, Michael; Lensing (1992). The Anarchy of the Imagination: Interviews, Essays, Notes, Rainer Werner Fassbinder. Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 106. ISBN 0801843693. 
  2. "Cahiers du Cinema 100 Films". Cahiers du cinéma. The Moving Arts. Arquivado dende o orixinal o 18-12-2013. Consultado o 13-04-2018. 
  3. La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 1994. Páx. 83

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar