A illa do doutor Moreau

Novela de H. G. Wells
(Redirección desde «A illa do Doutor Moreau»)

A illa do doutor Moreau (en inglés: The Island of Doctor Moreau) é unha novela de ciencia ficción de 1896 escrita por H. G. Wells. O texto da novela é a narración de Edward Prendick, un náufrago rescatado que é deixado na illa do doutor Moreau, un científico tolo que crea ser humanos a partir de animais mediante a vivisección. A novela trata un gran número de temas filosóficos, incluíndo a dor e a crueldade, a responsabilidade moral, a identidade humana e a interferencia humana na natureza.[2] Wells describiuna como "un exercicio de blasfemia xuvenil".[3]

A illa do doutor Moreau
Cuberta da primeira edición.
Título orixinalThe Island of Doctor Moreau
Autor/aH. G. Wells
OrixeReino Unido
Linguainglés
Xénero(s)Ciencia ficción
Editorial William Heinemann, Stone & Kimball[1]
Galicia Edicións Positivas
Data de pub. 1896
Galicia 2005
Páxinas303
ISBNISBN 8483022141
TraduciónOnofre Savaté
editar datos en Wikidata ]

A illa do doutor Moreau é un clásico da ciencia ficción temperá[4] e é un dos libros de Wells máis coñecidos. A novela é unha das primeiras descricións do tema de ciencia ficción "elevación biolóxica" no que unha raza máis avanzada intervén na evolución dunha especie animal co obxectivo de elevala a un nivel maior de intelixencia.[5] Foi adaptado ó cinema e a outros medios en varias ocasións.

Foi traducida ó galego por Onofre Savaté e publicado por Edicións Positivas en 2005.[6]

Notas editar

  1. "HGWells". 
  2. Barnes & Noble. Barnes & Noble, ed. "The Island of Doctor Moreau: Original and Unabridged". 
  3. A descrición de Wells de A illa do doutor Moreau como blasfemia xuvenil procede da introdución de The Scientific Romances of H. G. Wells (1933; publicado nos Estados Unidos como Seven Famous Novels by H. G. Wells, 1934), véxase p. 243.
  4. See Mason Harris's introduction and notes for the 2009 Broadview Books edition of The Island of Dr. Moreau
  5. Booker, Keith M. (2014). Historical Dictionary of Science Fiction in Literature. Rowman & Littlefield. p. 311. 
  6. Ficha Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en Bitraga