A conquista do Oeste

filme de 1962 dirixido por John Ford, Richard Thorpe, Henry Hathaway e George Marshall
(Redirección desde «A conquista do oeste»)

A conquista do Oeste (en inglés: How the West Was Won) é un filme épico de western estadounidense de 1962.[4] Foi un dos últimos filmes épico ao "estilo antigo" realizado por Metro-Goldwyn-Mayer que tivo grande éxito. O elenco multiestelar inclúe a Carroll Baker, Lee J. Cobb, Henry Fonda, Carolyn Jones, Karl Malden, Gregory Peck, George Peppard, Robert Preston, Debbie Reynolds, James Stewart, Eli Wallach, John Wayne e Richard Widmark. O filme está narrado por Spencer Tracy.

A conquista do Oeste
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalHow the West Was Won
DirectorJohn Ford
Henry Hathaway
George Marshall
ProdutorBernard Smith
GuiónJames R. Webb
MúsicaAlfred Newman
FotografíaWilliam Daniels
Milton Krasner
Charles Lang
Joseph LaShelle
MontaxeHarold F. Kress
EstudioCinerama Releasing Corporation
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea1 de novembro de 1962 (estrea en Londres)
20 de febreiro de 1963 (Estados Unidos)
Duración164 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento14 483 000 dólares[1][2][3]
Recadación50 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt0056085 Filmaffinity: 758837 Allocine: 44185 Rottentomatoes: m/how_the_west_was_won Mojo: howthewestwaswon Allmovie: v23458 TCM: 2016 TV.com: movies/how-the-west-was-won Netlix: 606619 Editar o valor en Wikidata

Ambientado entre 1839 e 1889, segue catro xeracións dunha familia cando se mudan dende o occidente do estado de Nova York ao océano Pacífico. O filme foi un dos só dous filmes dramáticos realizado co proceso de tres proxectores sobre pantalla curva chamado Cinerama, o que aumentou o seu impacto orixinal. A banda sonora foi cualificada no número 25 da lista de 100 bandas sonoras do American Film Institute. O filme foi un éxito de crítica e en 1997 foi seleccionado para a súa conservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse na Televisión de Galicia o 6 de xaneiro de 2003.[5]

Argumento

editar

O filme comeza coa narración por Spencer Tracy mentres a cámara aérea voa sobre as montañas Rochosas. "Esta terra hoxe ten un nome", di Tracy nas primeiras liñas do filme, "e está sinalada nos mapas".

O filme consta de catro episodios sobre a colonización do Oeste que teñen lugar entre 1830 e 1890 máis un interludio ambientado na guerra civil estadounidense:

  • "The Rivers" (1839), dirixido por Henry Hathaway
  • "The Plains" (1851), dirixido por Henry Hathaway
  • "The Civil War" (1861–1865), dirixido por John Ford
  • "The Railroad" (1868), dirixido por George Marshall
  • "The Outlaws" (1889), dirixido por Henry Hathaway

Un breve epílogo mostra como os modernos Estados Unidos creceron dende o Oeste a principios da década de 1960, que inclúe fotogramas do encoro Hoover, o intercambiador de catro niveis nos Ánxeles e a ponte Golden Gate en San Francisco.

Personaxes

editar
Introducidos en "The Rivers"
Introducidos en "The Plains"
Introducidos en "The Civil War"
Introducidos en "The Railroad"
Introducidos en "The Outlaws"

O flime supuxo a última aparición de Raymond Massey, de 66 anos, como Abraham Lincoln, papel que interpretara previamente no teatro (Abe Lincoln in Illinois e a adaptación de John Brown's Body), no cinema (Abe Lincoln in Illinois) e na televisión (The Day Lincoln Was Shot, e dúas producións de Abe Lincoln in Illinois).

Éxito comercial

editar

Sorprendentemente para un filmes estadounidense deste tipo, A conquista do Oeste tivo a súa estrea mundial no Reino Unido, no Casino Cinerama de Londres o 2 de novembro de 1963. O filme foi emitido no Casino durante 123 semanas, ata abril de 1965.

A conquista do Oeste tivo un grande éxito comercial. Producido cun grande orzamento para esa época de quince millóns de dólares, logrou 46,5 millóns nos cines norteamericanos,[6] converténdose no segundo filme con máis público de 1963. Obtivo cincuenta millóns de dólares en todo o mundo.[3]

  1. Sheldon Hall, Epics, Spectacles, and Blockbusters: A Hollywood History Wayne State University Press, 2010 p 164
  2. LeVasseur, Andrea. "How the West was Won – Synopsis". amctv.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Box Office Information for How the West was Won. IMDb via Internet Archive. Consultado o 17 de xuño de 2018.
  4. Crítica en Variety; 7 de novembro de 1962, páxina 6.
  5. La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2003. Páx. 70
  6. Box Office Information for How the West Was Won. The Numbers. Consultado o 2 de setembro de 2013.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar