A casa de cera
A casa de cera (en inglés: House of Wax, tamén titulado Wax House, Baby) é un filme americano-australiano de terror dirixido por Jaume Collet-Serra que se estreou no 2005.
A casa de cera | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | House of Wax |
Director | Jaume Collet-Serra |
Produtor | Joel Silver Robert Zemeckis Susan Levin |
Guión | Charles Belden Chad Hayes Carey Hayes |
Intérpretes | Elisha Cuthbert Chad Michael Murray Brian Van Holt Paris Hilton Jared Padalecki Jon Abrahams Robert Ri'chard |
Música | John Ottman |
Fotografía | Stephen Windon |
Montaxe | Joel Negron |
Estudio | Village Roadshow Pictures Dark Castle Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 30 de abril de 2005 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Terror |
Orzamento | $40 000 000[1] |
Recadación | $70 064 000 |
Na rede | |
http://houseofwaxmovie.warnerbros.com/ e https://www.warnerbros.com/house-wax-2005 | |
Sinopse
editarSeis amigos que viaxan pola estrada para asistir ó partido de fútbol máis importante do ano, deciden acampar a véspera ó aire libre. Á mañá seguinte, decátanse de que o seu coche foi manipulado, así que aceptan a invitación dun condutor que os leva ata Ambrose. Ó chegar, visitan a principal atracción da cidade: a Casa de Cera de Trudy, que está inzada de esculturas de cera cuxo parecido cos modelos é abraiante. Cando descobren, arrepiados, a razón desta inquietante semellanza, comprenden que ou ben escapan da cidade ou tamén eles acabarán convertidos en estatuas do museo.
Personaxes
editar- Elisha Cuthbert como Carly Jones
- Chad Michael Murray como Nick Jones
- Brian Van Holt como Bo Sinclair / Vincent Sinclair
- Thomas Adamson como Bo de neno
- Sam Harkess como Vincent de neno
- Paris Hilton como Paige Edwards
- Jared Padalecki como Wade Dalton
- Jon Abrahams como Dalton Chapman
- Robert Ri'chard como Blake Johnson
- Damon Herriman como Lester Sinclair
- Andy Anderson como Shériff
- Dragitsa Debert como Trudy Sinclair
- Murray Smith como Dr. Victor Sinclair
- Emma Lung como Jennifer
Galardóns e nomeamentos
editar- 2005: Premio Razzie á peor actriz secundaria (Paris Hilton). 2 nomeamentos.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A casa de cera na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)