A carga da brigada lixeira

filme de 1936 dirixido por Michael Curtiz

A carga da brigada lixeira (en inglés: The Charge of the Light Brigade) é un filme estadounidense de 1936 dirixido por Michael Curtiz. É un filme de aventuras de Warner Bros.[3][4] e foi producido por Samuel Bischoff, con Hal B. Wallis como produtor executivo. O guión é obra de Michael Jacoby e Rowland Leigh, a partir dunha historia de Michael Jacoby baseada no poema The Charge of the Light Brigade de Alfred Tennyson. A banda sonora foi composta por Max Steiner; a primeira para Warners e a fotografía é obra de Sol Polito.

A carga da brigada lixeira
Olivia de Havilland e Errol Flynn nunha escena do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Charge of the Light Brigade
DirectorMichael Curtiz
ProdutorSen acreditar
Guión
Baseado enHistoria de Michel Jacoby
Intérpretes
MúsicaMax Steiner
FotografíaSol Polito A.S.C.
MontaxeGeorge Amy
EstudioWarner Bros. Pictures
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
Estrea 20 de outubro de 1936
Galicia 18 de febreiro de 1989 (TVG)
Duración115 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento1 330 000 dólares[1] ou 1 076 000[2]
Recadación2 736 000 dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0027438 Filmaffinity: 940419 Allocine: 48876 Rottentomatoes: m/charge_of_the_light_brigade_1936 Mojo: chargeofthelightbrigade Allmovie: v8927 TCM: 2098 TV.com: movies/charge-of-the-light-brigade Netlix: 70062181Editar o valor em Wikidata

Está protagonizado por Errol Flynn e Olivia de Havilland e a historia está vagamente baseada na historia real da Carga da Brigada Lixeira que ocorreu durante a guerra da Crimea (1853–56). Ademais, a historia inclúe un evento semellante ó asedio de Cawnpore durante a Rebelión da India de 1857. Este foi o segundo dos oito filmes que Errol Flynn e Olivia de Havilland protagonizaron xuntos. Unha segunda versión do filme, estreada en 1968 co mesmo nome de The Charge of the Light Brigade, está protagonizada por Trevor Howard e Vanessa Redgrave.

Estreouse en galego o 31 de decembro de 1987 a través da TVG.[5]

Personaxes editar

Notas editar

  1. John Sedgwick, Mike Pokorny, "Hollywood’s foreign earnings during the 1930s", 83 TRAC 1 (1) pp. 83–97 Intellect Limited 2010 p92
  2. 2,0 2,1 Warner Bros financial information in The William Shaefer Ledger. See Appendix 1, Historical Journal of Film, Radio and Television, (1995) 15:sup1, 1-31 p 16 DOI: 10.1080/01439689508604551
  3. Variety film review; 4 de novembro de 1936, páxina 18.
  4. Harrison's Reports film review; 7 de novembro de 1936, page 178.
  5. La Voz de Galicia, 31 de decembro de 1987. Páx. 79

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar