A balada de Narayama
A balada de Narayama (en xaponés: 楢山節考, Narayama bushikō) é un filme xaponés de 1983 dirixido por Shōhei Imamura. Está protagonizado por Sumiko Sakamoto como Orin, Ken Ogata e Shoichi Ozawa. É unha adaptación do libro Narayama bushikō de Shichirō Fukazawa[1] e lixeiramente inspirado polo filme de 1958 dirixido por Keisuke Kinoshita. Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1983.[2]
A balada de Narayama | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Narayama bushikō |
Director | Shōhei Imamura |
Produtor | Goro Kusakabe Jiro Tomoda |
Guión | Shōhei Imamura |
Baseado en | Narayama bushikō de Shichirō Fukazawa |
Intérpretes | Ken Ogata Sumiko Sakamoto Takejo Aki |
Música | Shin’ichirō Ikebe |
Fotografía | Masao Tochizawa |
Montaxe | Hajime Okayasu |
Estudio | Toei Co. Ltd. Umbrella Entertainment |
Estrea | 29 de abril de 1983 |
Duración | 130 min |
Orixe | Xapón |
Na rede | |
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 21 de maio de 2005.[3]
Argumento
editarO filme está ambientado nunha pequena vila rural no Xapón do século XIX. Segundo a tradición, cando unha persoa cumpre setenta anos debe viaxar a unha montaña remota para morrer de fame, práctica coñecida como ubasute. A historia trata sobre Orin, que ten 69 anos e boa saúde, mais ve que un veciño ten que arrastrar o seu pai ata a montaña, así que decide evitar aferrarse á vida. Ela pasa un ano amañando todos os asuntos da súa familia e aldea: castiga severamente unha familia que está acaparando comida e axuda o seu fillo máis novo a perder a virxindade.
O filme inclúe algunhas escenas crúas que amosan os brutais que poden ser as situacións dos aldeáns. Intercaladas no filme hai breves estampas de natureza, aves, serpes e outros animais cazando, axexando, cantando, copulando ou dando a luz.
Elenco
editar- Ken Ogata – Tatsuhei
- Sumiko Sakamoto – Orin
- Tonpei Hidari – Risuke
- Aki Takejo – Tamayan
- Shoichi Ozawa – Katsuzō
- Fujio Tokita – Jinsaku
- Sanshō Shinsui – Zeniya no Matayan
- Seiji Kurasaki – Kesakichi
- Junko Takada – Matsuyan
- Mitsuko Baisho – Oei
- Taiji Tonoyama – Teruyan
- Casey Takamine – Arayashiki
- Nenji Kobayashi – Tsune
- Nijiko Kiyokawa – Okane
- Akio Yokoyama – Amaya
Produción
editarA balada de Narayama foi filmado nas prefeturas de Niigata e Nagano.[4]
A principios do século XXI, o filme tivo a posibilidade de ser estreado na China, coa condición de que as escenas de sexo fosen censuradas. Imamura consultou con varios directores chineses, que responderon que esas escenas eran o contraste necesario coas escenas de morte. Imamura deciciu rexeitar a proposta.[5]
Notas
editar- ↑ O’Donoghue, Darragh (febreiro de 2013). "Ballad of Narayama". Cinémathèque Annotations on Film (66). Consultado o 19 de agosto de 2016.
- ↑ "Narayama-Bushi-Ko". Festival de Cannes. Consultado o 19 de agosto de 2016.
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de maio de 2005. Páx. 63
- ↑ Localizacións
- ↑ China Times (中國時報) en Taipei. Data descoñecida.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Canby, Vincent (9-4-1984). "The Ballad of Narayama (1983) (Movie review)". The New York Times. Consultado o 29-11-2007.
- Hung, Lee Wood (2007). "Japanese Adaptation to Nature and Imamura's Ballad of Narayama – Based on the Difference between Imamura's Film and Fukasawa's Original Novel" (PDF). Studies In Comparative Culture (en xaponés e inglés) (75): 55–61. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11-05-2011. Consultado o 23-04-2020.
- Hung, Lee Wood (maio de 2003). "Natural Culturalism in The Ballad of Narayama: A Study of Shohei Imamura's Thematic Concerns" (PDF). Asian Cinema (Penslvania: Asian Cinema Studies Society) 14 (1): 146–166. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11-05-2011. Consultado o 23-04-2020.
- "楢山節考 (Narayama bushiko)" (en xaponés). Japanese Movie Database. Consultado o 29-11-2007.