A Veronza, Carballeda, Carballeda de Avia
A Veronza é un lugar da parroquia de San Miguel de Carballeda, no concello de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro. Tiña 39 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 17 eran homes e 22 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (21 homes e 23 mulleres).
A Veronza | |
---|---|
Parroquia | Carballeda |
Concello | Carballeda de Avia |
Coordenadas | 42°19′24″N 8°10′17″O / 42.323217535865, -8.1712589163504 |
Poboación | 39 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarEstá dividido en dous núcleos, dos que na actualidade só un deles está habitado, A Veronza Grande. A súa poboación en 2007 era de 63 persoas (35 home e 25 mulleres)[3].
Patrimonio
editarConta cunha capela adicada a san Lourenzo, en honra do que se celebra unha romaría os días 9, 10 e 11 de agosto. A noite do 9 celébrase unha procesión de fachos. O regato de Maquiáns cruza o lugar, e na súa parte alta hai varios muíños antigos, e ao seu carón unha área recreativa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Carballeda
editarLugares da parroquia de Carballeda no concello de Carballeda de Avia (Ourense) | |
---|---|
Carballeda de Avia | A Costeira | Fiscás | Saa | A Veiga | A Veronza | Vilariño |
Parroquias de Carballeda de Avia
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 28.decembro.2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Carballeda de Avia – Carballeda" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28.decembro.2012.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística