A Monster Calls

filme de 2016

A Monster Calls é un filme español-estadounidense de fantasía dirixido por Juan Antonio Bayona, baseado na novela de 2011 Un monstro vén a verme,[5] de Patrick Ness, quen tamén escribiu o guión. O filme está protagonizada por Lewis MacDougall, Liam Neeson, Felicity Jones, Sigourney Weaver, Toby Kebbell e Geraldine Chaplin. A estrea foi o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.

A Monster Calls
Ficha técnica
Título orixinalA Monster Calls
DirectorJuan Antonio Bayona
ProdutorBelén Atienza
Mitch Horwits
Jonathan King
GuiónPatrick Ness
Baseado enUn monstro vén a verme de Patrick Ness
IntérpretesLewis MacDougall
Liam Neeson
Felicity Jones
Sigourney Weaver
Toby Kebbell
Geraldine Chaplin
MúsicaFernando Velázquez
FotografíaOscar Faura
MontaxeBernat Vilaplana
Jaume Martí
EstudioApaches Entertainment
Telecinco Cinema
Películas La Trini
Participant Media
River Road Entertainment
DistribuidoraFocus Features
Estrea7 de outubro de 2016
Duración108 minutos[1]
OrixeEspaña España
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$43 000 000[2]
Recadación$26 800 000[3][4]
Na rede
http://www.amonstercallsfilm.com/
IMDB: tt3416532 Filmaffinity: 269350 Allocine: 227551 Rottentomatoes: m/a_monster_calls Mojo: amonstercalls Allmovie: v595887 TCM: 2031954 Metacritic: movie/a-monster-calls
Twitter: amonstercalls Netlix: 80022607Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Connor (Lewis MacDougall) é un rapaz de 12 anos que, tras a separación dos seus pais, se converte no home da casa e o encargado de levar as rendas do fogar. Coa súa nova nai (Felicity Jones) doente de cancro, o pequeno tentará superar todos os seus medos e fobias coa axuda dun monstro-teixo (dobrado na versión orixinal por Liam Neeson). Fantasía, contos de fadas e historias imaxinarias do pequeno veranse as caras non só coa realidade, senón coa súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). Con este novo traballo J.A. Bayona pecha unha triloxía sobre as relacións nai-fillo, que iniciou con El orfanato e continuou con The Impossible.

Personaxes editar

Produción editar

O 5 de marzo de 2014, Focus Features comprou os dereitos cinematográficos do libro por 20 millóns de dólares.[6] A película sería dirixida por Juan Antonio Bayona e escrita polo autor do libro, Patrick Ness.[7] O 23 de abril de 2014 Felicity Jones uniuse ao filme para interpretar a nai do neno.[8] O 8 de maio, Liam Neeson uniuse ao filme para interpretar o Monstro.[9] O 18 de agosto, Sigourney Weaver uniuse para interpretar a avoa do neno.[10] O 19 de agosto, Toby Kebbell tamén se uniu ao filme.[11] O 3 de setembro, o autor Ness twiteou que Lewis MacDougall fora escollido para o papel principal do filme.[12] O 30 de setembro Geraldine Chaplin uniuse ao elenco.[13]

Rodaxe editar

A fotografía principal da película comezou o 30 de setembro de 2014, a rodaxe tivo lugar en España e Inglaterra.[13][14][15] O 9 de outubro, a rodaxe comezou en Preston, Lancashire e Manchester[16]

Estrea editar

O filme estreouse o 7 de outubro de 2016, por Focus Features.[17]

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (23 de setembro de 2016). "A Monster Calls (12A)". Consultado o 23 de setembro de 2016. 
  2. Browne, Kit Simpson (15 de setembro de 2016). "Patrick Ness Explains Why 'A Monster Calls' Is Going To Make You Cry". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  3. "A Monster Calls (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 17 de outubro de 2016. 
  4. "A Monster Calls". The Numbers. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  5. "'Un monstro vén a verme', la versión gallega de la novela de Patrick Ness". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  6. "Focus Features Makes $20 Million Deal For 'A Monster Calls' Movie". Deadline.com. 
  7. "Focus Dates 'A Monster Calls' For October 2016". Deadline.com. 
  8. "Felicity Jones To Star In Juan Antonio Bayona’s ‘A Monster Calls’". deadline.com. 
  9. "Cannes: Liam Neeson Joins 'A Monster Calls'". hollywoodreporter.com. 
  10. "Sigourney Weaver Joins High-Profile 'A Monster Calls'". hollywoodreporter.com. 
  11. "‘Fantastic Four’ Actor Toby Kebbell in Talks to Join ‘A Monster Calls’". variety.com. 
  12. "Lewis MacDougall to Lead Adaptation of Patrick Ness’ ‘A Monster Calls’". upandcomers.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 "Three Join ‘A Monster Calls’". deadline.com. 
  14. "'A Monster Calls' Begins Production". participantmedia.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  15. "Production Begins on A Monster Calls, Starring Liam Neeson". comingsoon.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  16. "Hollywood film begins filming in Preston". lep.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  17. "Focus Features Sets A Monster Calls for October 14, 2016". ComingSoon.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar