La Islona

(Redirección desde «A Islona»)

La Islona ou Illa Grande (ou Islla, en asturiano) está situada na costa oriental de Llanes (Asturias), é unha hectárea máis grande que a illa que a precede e ten trazos de meseta, cuberta toda ela de herba. Nas grandes baixamares un tómbolo de area únea con terra firme. Na beira oriental despréndense dous illotes semellantes á Illa Grande pero de moito menor tamaño (non chegan á media hectárea).