A Igrexa, Pereira, O Pino
A Igrexa ou Pereira ou San Miguel é un lugar da parroquia de Pereira no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Os seus habitantes están incluídos dentro do número que o IGE determina para o lugar da Alta de Pereira.[1]
A Igrexa | |
---|---|
![]() Igrexa de San Miguel de Pereira | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°53′27″N 8°24′10″O / 42.890916666667, -8.4027222222222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo A Igrexa (do latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa)[2] débese á presenza no lugar da igrexa de San Miguel de Pereira.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Miguel de Pereira foi construída no século XVIII en estilo barroco e cunha espadana. Ten planta rectangular cun presbiterio remarcado na estrutura.[3] O cemiterio municipal está integrado no adro da igrexa en dous niveis unidos por unha escaleira con pasamáns.
A uns 80 m ao noroeste atópase o cruceiro de Pereira, orixinalmente do século XVII, pero con engadidos e arranxos que chegan ao século XX. O podio ou base é cadrado sobre o que hai un pedestal máis pequeno da mesma forma. Álzase sobre esta estrutura un fuste de sección circular. A cruz ten remates en flor de lis, coas figuras do Crucificado e a Virxe orante sobre unha peaña de tres anxos con ás. O capitel é pseudotoscano, cun ábaco moldurado que se apoia sobre un equino cadrado e un colariño cilíndrico.[4]
Galería de imaxes
editar-
Vista xeral do casarío e a igrexa
-
Casarío e hórreo da Igrexa
-
Engalaxe dun avión do aeroporto desde a igrexa
-
Cruceiro de Pereira
-
Cruceiro de Pereira
-
Cruceiro de Pereira
-
Cruceiro de Pereira
-
Cruceiro de Pereira
-
Cemiterio de Pereira, nichos do lado sur
-
Cemiterio de Pereira, detalle dos nichos do lado sur
-
Cemiterio de Pereira, nichos do lado norte
-
Cemiterio de Pereira, tumba de Manuel Suárez Alonso
-
Imaxe de Santa Bárbara no retablo da igrexa
Lugares e parroquias
editarLugares de Pereira
editarLugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino
editarNotas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 9.
Iglesia del siglo XVIII de estilo barroco. Planta de una nave rectangular con presbiterio destacado en la planta y en el alzado. Nave con cubierta de madera por paringlera. Arcaván triunfal de medio punto sobre pilastras con impuestas. Sobre la sacristía, un altillo abierto hacia el presbiterio con baranda de balaustres de madera tornada y que funciona como tribuna en casos de mucha afluencia.
- ↑ Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 45.