A Galicia de Maeloc

A Galicia de Maeloc, é o primeiro álbum de estudio do grupo tradicional galego Milladoiro. Foi gravado nos estudos Audiofilm de Madrid en febreiro de 1980 e publicado en 1980, baixo o selo Ruada. No mercado francés publicouse en 1983, baixo o selo Escalibur. Foi reeditado en 1984, baixo o selo Diapasón. En 1990 foi editado en CD, polo selo Doblón (Dial Discos).

A Galicia de Maeloc
Álbum de Milladoiro
Publicado1980
GravaciónFebreiro de 1980
Estudio(s)Audiofilm (Madrid)
Xénero(s)Folk
Selo(s)Ruada, Escalibur, Diapasón, Doblón
Cronoloxía
A Galicia de Maeloc O berro seco (1981)

Trátase do primeiro disco galego que combina gaitas galega e irlandesa (uillean pipe), ocarina, zanfona, arpa, clavecín, frautas, etc.; e do primeiro que se editou no mercado francés.

Lista de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Danza se San Roque de Hío"  Tradicional 4:01
2. "Tecendo liño"  Tradicional 1:44
3. "Danza de Cariño"  Tradicional 2:30
4. "A bruxa"  Antón Seoane 3:09
5. "Muñeira do areal"  Tradicional 2:42
6. "Si Bheag Si Mhor - John Ryan's Polka"  O'Carolan, Tradicional 3:29
7. "Rosalía"  Antón Seoane 3:51
8. "Alalá - Muiñeira - Jiga"  Tradicional 4:00
9. "Danza de astureses"  Tradicional 2:43
10. "Ila vai ó mar"  Rodrigo Romaní 4:07
11. "Pasodoble do Berbés"  Tradicional 3:00
12. "Axéitame a polainiña"  Tradicional, R. Romaní 4:14
13. "Polcas (de Arousa e do Tapal)"  A. Seoane, R. Romaní, Laura Quintillán 2:27

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar