A Cabra de Cubeliño

petróglifo en Cespón, Boiro

A Cabra de Cubeliño ou Petróglifo da Pedra da Cabra[1] ou A Laxe das Cabras [2] ou Pena da Cabra[3] é un petróglifo situado na parroquia de Cespón no concello coruñés de Boiro. Na estrada de Cespón a Abanqueiro, pasado Quinteiro por unha pista á dereita, atópase o lugar de Cubeliño ou O Coveliño. O petróglifo está a uns 200 metros da estrada nunha pendente poboada de mimosas.

A Cabra de Cubeliño

Tipopetróglifo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°39′13″N 8°52′28″O / 42.6536, -8.8744
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloBoiro
ParroquiaCespón Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Está formado por dúas figuras zoomorfas de seis patas, unha delas incompleta. A figura maior mide 45 x 52 cm e representa dun xeito moi esquemático un cervo con pequenos corvos.