A Aurora do Lima
A Aurora do Lima é un periódico de Viana do Castelo, fundado a 15 de decembro de 1855.
Historia
editarConsidérase o máis antigo do Portugal continental e o segundo de Portugal tras Açoriano Oriental [1]. A familia Barbosa e Silva financiou a súa apertura, ao primeiro saía cunha periodicidade de tres veces por semana, mais en 1915 xa só saía dúas veces. En 2010 converteuse en semanario, cunha tiraxe en 2015 de 4000 exemplares [2]. Entre os seus directores estivo Camilo Castelo Branco, aínda que só exerceu como tal durante 55 días.
Relación coa cultura galega
editarNa década de 1920 o periódico tivo unha intensa relación coa cultura galega, con numerosas colaboracións de autores galegos, novas sobre Galicia e a súa cultura e páxinas especiais dedicadas á cultura galega en xaneiro e xullo de cada ano, e mesmo números especiais como o que lle dedicou integramente a Rosalía de Castro o 13 de xullo de 1923 [3].
Notas
editar- ↑ "Jornal Aurora do Lima comemora 155 anos com receio pelo futuro devido aos cortes no porte-pago". Público. 15 de decembro de 2010.
- ↑ "Com 160 anos de vida Jornal Aurora do Lima “promete continuar enquanto for sustentável", Radio Alto Minho, 1 de decembro de 2015
- ↑ António Rodrigues Baptista "A presença de Rosalia nas letras portuguesas (de 1910 a 1930)" en Actas do Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, Santiago de Compostela, 15-20 de xullo de 1985