A Asperiña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Asperiña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 23 habitantes (10 homes e 13 mulleres), dous menos ca en 2006.

A Asperiña
Muíño acueduto Cotobade.jpg
Muíño no rego de Chan das Latas.
ParroquiaCarballedo
ConcelloCerdedo-Cotobade
Poboación23 hab. (2016)

PatrimonioEditar

Neste lugar están o muíño da Ouriceira e o muíño do Lombiño, os dous no rego de Chan das Latas (afluente do río Almofrei).

Tamén hai tres petróglifos. O da Cova da Serpe é unha rocha na cima dun outeiro, gravada na idade de Bronce. O petróglifo de Chan das Latas inclúe unha pedra gravada na idade de Ferro cunha combinación circular, e un grupo de tres pedras gravadas na idade de Bronce e unha mámoa. Estas últimas pedras inclúen combinacións circulares e un círculo con cazoletas.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CarballedoEditar

Lugares da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

A Asperiña | O Berberote | A Braña | A Chan | O Comareiro | A Cuqueira | Doade | A Igrexa | A Lomba | Paraños | Pazos | Silvela | Sión | Trabazo

Parroquias de Cerdedo-CotobadeEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)