A Abelleira, Galdo, Viveiro

lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro

A Abelleira é un lugar da parroquia de Galdo, no concello lugués de Viveiro, na comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2013 tiña 16 habitantes (7 homes e 9 mulleres), o que supón un aumento con respecto ao ano 1999 canto tiña 15 habitantes.

A Abelleira
ParroquiaGaldo
ConcelloViveiro
Coordenadas43°37′01″N 7°38′15″O / 43.61694, -7.6375
Poboación16 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Está situado entre dúas pontes do río Bravos, ao pé do monte Castelo. Está atravesado polo rego da Veiga. Limita ao sur coa Devesa, ao sueste con San Miguel e A Corredoira, e ao norte con Fornela.

Ten un depósito de auga e unha capela da Nosa Señora de Belén, na que cada 6 de maio se celebra misa con procesión. Antigamente tivo un colexio de seu, dúas tabernas, un salón de baile (reconvertido en vivenda) e un muíño (actualmente en ruínas).

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Galdo

editar
Lugares da parroquia de Galdo no concello de Viveiro (Lugo)

A Abelleira | O Acido | Altamira | A Amarelá | Baralla | O Batán | A Beira do Río | Borreiros | O Carballo | Casanova | Catarou | O Cerdeiral | A Corredoira | O Cotelo | O Cristo | A Devesa | As Engrobias | Ermosende | Figueiroa | Fornela | Guistilán | A Igrexa | A Insua | A Lagoa | Lama Redonda | Malló | Montecelo | Monteiros | Mourence | Orade | O Outeiro | A Painceira | A Parraguesa | O Pé da Ruba | As Pedrosas | Penahedrá | As Penas | A Peteira | O Pontigo | Portochao | Quistilán | A Rega | O Rego da Cova | O Rego de Castro | Requeixo | San Marcos | San Martiño | San Miguel | A Santeira | Sobrevila | Souto | A Trabe | Tras da Feira | O Valado | Vilar | Xabariz | Ximarreira

Parroquias de Viveiro

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Viveiro

Celeiro (Santiago) | Chavín (Santa María) | Covas (San Xoán) | Faro (San Xiao) | Galdo (Santa María) | Landrove (San Xiao) | Magazos (Santa María) | San Pedro de Viveiro (San Pedro) | Santo André de Boimente (Santo André) | Valcarría (Santo Estevo) | Vieiro (San Cibrao) | Viveiro (Santa María e Santiago)