Atacama Large Millimeter Array

(Redirección desde «ALMA»)

Ó Atacama Large Millimeter/submillimeter Array (ALMA, Gran Matriz Milimétrica/submilimétrica de Atacama) é un interferómetro astronómico de 66 radiotelescopios no Deserto de Atacama no norte de Chile, que observa radiación electromagnética en lonxitudes de onda milimétricas e submilimétricas. A matriz foi construída na planicie Chajnantor, de 5000 m de altura - preto do Observatorio Llano de Chajnantor e o experimento Atacama Pathfinder. O lugar foi escollido pola a súa altura e pouca humidade, factores cruciais para reducir ruído e diminuír a atenuación de sinal deida á atmosfera da Terra.[1] ALMA espera dar claves do nacemento de estrelas durante a primeira xeración estelare e unha imaxe detallada de formación das estrelas e planetas. A colocación das antenas sofre cambios continuos, segundo a observación prevista, ata desprazarse por unha área de 16 km², sendo transportadas por dous camións xigantes, Otto e Lore, adaptados a tal fin.[2] Os traballos desenvólvense en Santiago de Chile, Atacama e as instalacións de Chajnandor.

Atacama Large Millimeter Array
TipoRadiointerferômetro
EnRexión de Antofagasta e Deserto de Atacama
PaísChile
23°01′09″S 67°45′11″O / -23.01928, -67.75318
Na rede
http://www.almaobservatory.org/, https://public.nrao.edu/telescopes/alma, http://www.eso.org/public/teles-instr/alma/ e http://alma.mtk.nao.ac.jp/e/
Facebook: ALMA.Radiotelescope Twitter: almaobs Instagram: alma.observatory Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
ALMA, de noite
ALMA, de noite

Participa na obtención da primeira fotografía dun Burato Negro, en 2019.[3]

A recolección de datos aproxímase a 1 Tb cada noite.[4]

Notas editar

  1. Bustos, R.; Rubio, M.; Otárola, A.; et al. (2014). "Parque Astronómico de Atacama: An Ideal Site for Millimeter, Submillimeter, and Mid-Infrared Astronomy". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 126 (946): 1126. Bibcode:2014PASP..126.1126B. arXiv:1410.2451. doi:10.1086/679330. 
  2. "Tour Virtual Observatorio ALMA". Consultado o 2021-08-30. 
  3. information@eso.org. "APEX - Atacama Pathfinder Experiment telescope". www.eso.org (en inglés). Consultado o 11-4-2019. 
  4. "The Style Maven Astrophysicists of Silicon Valley". Wired (en inglés). ISSN 1059-1028. Consultado o 2019-10-11.