Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) é unha asociación galega centrada no ensino das matemáticas.
Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática | |
---|---|
![]() | |
Tipo | asociación profesional ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | agapema.org ![]() |
[ Wikidata ] |

Actividades
editarOrganiza o Rally Matemático sen Fronteiras, que no 2006 ía pola súa XIV edición, o Rebumbio Matemático, que no 2006 vai no VI Rebumbio e a Olimpíada de 2º de ESO.
Edita a revista GAMMA (GAlicia+ MAtemática) e a colección de monográficos Lemniscata, ademais das actas dos seus congresos. Organiza varias exposicións como Matemáticas para desfrutar, Xeometría 3d e Explorando coa Luz e diversas actividades cos alumnos como Muralla Matemática, Concurso Vázquez Queipo, en Lugo, Concurso de Enxeño e entretemento matemático en Santiago de Compostela ou a Feira Matemática na Coruña.
Convoca o Premio Galicia de Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á Educación Matemática en Primaria ou Secundaria e o premio Arte e Xeometría xuntamente co Concello de Lugo.