Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición

(Redirección desde «AESAN»)

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), en castelán Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición, foi un organismo autónomo de España adscrito ao Ministerio de Sanidade e Consumo, que existiu entre 2002 e 2014. En 2014, polo Real Decreto 19/2014, de 17 de xaneiro, fundiuse co Instituto Nacional do Consumo dando lugar á Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición.

Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición
Logo
AcrónimoAESAN
Tipoaxencia gobernamental
Data de fundación2001
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/web/home/aecosan_inicio.htm
editar datos en Wikidata ]

Misión editar

A súa misión era garantir o máis alto grao de seguridade e promover a saúde dos cidadáns:

  • Reducido os riscos das enfermidades transmitidas ou vehiculadas polos alimentos.
  • Garantindo a eficacia dos sistemas de control dos alimentos.
  • Promovendo unha alimentación variada e equilibrada que promova unha mellor saúde da poboación favorecendo a súa accesibilidade e a información sobre as mesmas.

Funcións editar

  • Coordinar as actuacións relacionadas directa ou indirectamente coa seguridade alimentaria.
  • Instar actuacións executivas e normativas, das autoridades competentes, especialmente en situacións de crises ou emerxencias.
  • Coordinar o funcionamento das redes de alerta existentes no ámbito da seguridade alimentaria.
  • Asesorar na planificación e desenvolvemento das políticas alimentarias.
  • Elaborar, en coordinación coComité Científico, informes técnicos e difundilos.

Lista de Presidentes editar

  • Pilar Farjas Abadía (2012-2014)
  • Roberto Sabrido Bermúdez (2008-2012)
  • Félix Lobo Aleu (2005-2008)
  • María Purificación Neira González (2002-2005)

Lista de Directores Executivos editar

  • Ángela López de Sá (2012-2014)
  • Ana María Troncoso González (2008-2012)
  • José Ignacio Arranz Recio (2004-2008)
  • Pilar Farjas Abadía (2002-2004)