AERO Friedrichshafen

AERO Friedrichshafen é unha exposición orientada á aviación civil europea. Celébrase anualmente en abril a beiras do lago Constanza, no centro de exposicións de Friedrichshafen (Alemaña), xusto á beira do aeroporto de Friedrichshafen.

AERO en 2011

Historia editar

AERO celebrouse por primeira vez en 1977 durante o evento RMF (Rennsport/Motor/Freizeit; Carreiras/Motor/Lecer). Ao principio celebrábase cada dous anos. AERO converteuse nun evento independente en 1993 e agora celébrase anualmente desde 2009.

Os fabricantes de aeronaves europeos xeralmente presentan os seus novos produtos nesta feira.

A feira atrae a máis de 700 expositores e 35 000 visitantes ao ano.[1]

Notas editar

  1. "General aviation" (en inglés). Consultado o 2023-04-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar