O Abeille des Aydes Blois Basket 41, habitualmente coñecido como ADA Blois, é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Blois (Centro-Val de Loira). Fundado en 1907, desde 2022 compite por vez primeira na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local no Jeu de Paume, un pavillón con capacidade para 2 525 espectadores.

ADA Blois
Información xeral
Liga Pro A
Fundación 1907
Cores           Verde, negro
Presidente Francia Paul Seignolle
Adestrador Francia Mickaël Hay
Localización
Cidade Francia Blois, Francia
Pavillón Jeu du Paume
Capacidade 2 525
ada-basket.com

Historia

editar

Fundado en 1907 co nome de Abeille des Aydes, no seus comezos o club adicábase principalmente á práctica da ximnasia e o tiro. Entre 1986 e 1995, o ADA Basket, adestrado por Jean-Raoul Baudry, pasou da Rexional 2 á Nacional 2 con catro accesos consecutivos de 1987 a 1991. Porén, ao final da temporada 1994-1995, o club declarouse en bancarrota e descendeu de volta á Rexional 1. Non sería até o ano 2001 cando o equipo consegue regresar á Nacional 2. Na tempada 2004−05 o club consegue o ascenso á Nacional 1, terceira categoría do baloncesto francés. Ao final desta temporada, o equipo descende de novo a Nacional 2, mais consegue regresar en tan só unha tempada.

Na terceira categoría consegue chegar en varias ocasión á final dos playoffs: 2012, 2013 e 2015, nas tres ocasións sen éxito. Porén, o 29 de marzo de 2016, despois de vencer na casa ao Stade Rochelais por 75−50, o club consegue por fin o ascenso á LNB Pro B, segunda categoría gala.[1] Na temporada 2017−18, o Blois sorprende ao rematar a temporada primeiro na temporada regular cun récord de 27−7 na Pro B.[2] Deste xeito, Blois foi coroado campión Pro B e ascendido á máxima categoría, a LNB Pro A. Proén, debido á insuficiencia de infraestruturas, o club mantívose na segunda división. En 2022 o club consegue de novo o ascenso para acceder á primeira división por primeira vez na súa historia, esta vez puidéndoo materializar.

Xogadores

editar

Destacados

editar

Adestradores

editar
  •   Jean-Raoul Baudry (1986−1995)
  •   Eric Aouizrat (1995−1999)
  •   Christophe Ivars (1999−2003)
  •   Gilles Versier (2003−2006)
  •   Nicolas Faure (2006−2011)
  •   Hugues Occansey (2011−2013)
  •   Guillaume Quintard (2013)
  •   Mickaël Hay (2013−presente)

Palmarés

editar

Segunda División de Francia

  • Campións (1): 2018
  • Subcampións (1): 2022

Historial

editar
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa de Francia
2011–12 3 NM1
23−11
Primeira rolda
2012–13 3 NM1
24−10
Oitavos de final
2013–14 3 NM1
18−16
Primeira rolda
2014–15 3 NM1
20−14
Segunda rolda
2015–16 3 NM1
27−7
Primeira rolda
2016–17 2 Pro B
17−17
Primeira rolda
2017–18 2 Pro B
27–7
Oitavos de final
2018–19 2 Pro B
19–15
Segunda rolda
2019–20 2 Pro B
19–4
Primeira rolda
2020–21 2 Pro B
20–14
Oitavos de final
2021–22 2 Pro B
20–14
Segunda rolda
  1. "Blois champion de France de Nationale 1". BeBasket (en francés). 26 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2022. 
  2. "Classement de Pro B 2017-2018". LNB (en francés). 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar