Advanced Audio Coding

(Redirección desde «AAC»)

O Advanced Audio Coding (AAC) é un formato de son dixital comprimido con perda. Foi deseñado co fin de substituír o MP3. Para un mesmo número de impulsos por segundo (bitrate) e un mesmo tamaño de arquivo MP3, o formato AAC é máis estable e ten máis calidade, producindo un son máis cristalino.

Tratase dun formato en propiedade, pero utilizado por multitude de aplicacións como Ahead Nero, iTunes (como m4a), Winamp etc.

Características editar

Este códec está orientado a usos de banda larga e baséase na eliminación de redundancias do sinal acústico, así como en compresión mediante a transformada de coseno discreta, case igual que no caso de MP3. Porén, permite empregar frecuencias de amostra desde os 8 Hz (hertzs) ata os 96 KHz (MP3 só soporta desde os 16 Hz ata os 48 KHz). Ademais soporta un máximo de 48 canais independentes, o cal o converte nun códec apropiado para son envolvente (Surround) avanzado.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar