Añora
Añora é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2010 tiña 1.540 habitantes. A súa extensión superficial é de 111 km² e ten unha densidade de 13,8 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 24' N, 4º 53' O. Atópase situado a unha altitude de 624 metros e a menos de 90 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Córdoba ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.507 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 111 km² ![]() | ||||
Altitude | 624 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Bartolomé Madrid Olmo ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 14450 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 14006 ![]() | ||||
Páxina web | anora.es ![]() | ||||
![]() |
Historia
editarAñora fundouse como unha aldea dependente de Torremilano a finais do século XIV. Obtivo o seu título de vila independente en 1553 e desde entón formou parte das Sete Vilas do Val dos Pedroches, canda Pedroche, Torremilano, Torrecampo, Pozoblanco, Alcaracejos e Villanueva de Córdoba. Desde 1660 até 1747 estas vilas formaron o Marquesado do Carpio. Até comezos do século XX non se delimitaron os seus respectivos termos municipais. En Añora naceu Marcos Rodríguez Pantoja, o neno que viviu só en plena Serra Morena no Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro. Nesa experiencia vital está baseada a película do director de cine cordobés Gerardo Olivares Entre lobos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Añora |
- Ayuntamiento de Añora
- Blog oficial del Ayuntamiento de Añora
- Añora, Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía.
- La página de Añora.