A irmá Aïda Yazbeck é unha monxa católica que é Directora do Centro Cultural Al-Mouna en Xamena, Chad. O seu traballo céntrase en educar grupos nacionais e internacionais e ONGs sobre os conflitos entre diferentes grupos no Chad. Ó capacitar ás persoas na resolución de conflitos, a súa organización busca promover o respecto entre grupos culturalmente diferentes e promover a paz en tódolos aspectos da vida.[1]

Infotaula de personaAïda Yazbeck
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Líbano Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChad
Líbano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
Membro de

Activismo editar

A irmá Yazbeck e a súa fundación traballaron con grupos de fóra do Chad para promover a resolución de conflitos. Estes inclúen a Embaixada suíza no Chad e a Fundación Xenebra Córdoba, quen axudaron a capacitar ó persoal do Centro Cultural para entender os tipos de conflito e como resolvelos pacificamente.[1]

En abril de 2020, a irmá Yazbeck cambiou os seus esforzos para axudar a combater a pandemia da COVID-19. Xunto cos voluntarios do Centro Cultural, Yazbeck axudou a distribuír desinfectante de mans, bebidas, e máscaras para a cara a quen as precisaba na capital.[2] Ademais, axudou a organizar unha campaña virtual de concienciación sobre formas de mitigar o impacto da pandemia.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "La FCG sur le terrain" [FCG in the field]. Cordoba Peace Institute (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "BDT: la lutte contre le Covid-19 continue !" [BDT: the fight against Covid-19 continues!]. Le Pays Tchad (en francés). 8 de maio de 2020. Consultado o 10 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Moussa, Roy (2 de xuño de 2020). "Le Centre al Mouna contre la covid-19 de la culture a la sante de la population". Ndjamena Hebdo (en francés). Consultado o 10 de marzo de 2021.