97ª edición dos Óscar
A cerimonia da 97ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), tivo lugar no Dolby Theatre de Hollywood, Os Ánxeles, California, o 2 de marzo de 2025. Os premios galardoaron os mellores filmes estreados entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2024 repartidos nun total de 23 categorías.
97ª edición dos Óscar | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | ceremonia dos Óscars ![]() | |||
Localización | ||||
Localización | Dolby Theatre ![]() | |||
| ||||
Data | ||||
Data | 2 de marzo de 2025 ![]() | |||
Características | ||||
Lingua | lingua inglesa ![]() | |||
Implicados | ||||
Presentador | Conan O'Brien ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
Parte da serie | Premios Óscar ![]() | |||
No edición | 97 ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A cerimonia, foi televisada nos Estados Unidos pola ABC e por primeira vez foi emitida en directo por streaming por Hulu.[1][2] O presentador principal foi por primeira vez o cómico Conan O'Brien,[3] mentres que Raj Kapoor e Katy Mullan volveron ser os produtores executivos,[4] e o veterano director de televisión Hamish Hamilton, quen xa dixirira a trasnmisión en varias ocasións, foi o escolleito para dirixila de novo por quinta vez.[5] Os nomeados da 97ª edición dos Óscar foron anunciados o 23 de xaneiro de 2025 pola actriz Rachel Sennott e o actor Bowen Yang.[6]
Emilia Pérez recibiu o maior número de candidaturas con 13, seguido de The Brutalist e Wicked con 10 cada unha.[7]
Gañadores e nomeados
editarOs gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.
Nomeamentos e premios das longametraxes presentadas
editarPelícula | Nomeamentos | Premios |
---|---|---|
Emilia Pérez | 13 | 2 |
The Brutalist | 10 | 3 |
Wicked | 2 | |
A Complete Unknown | 8 | |
Conclave | ||
Anora | 6 | 5 |
Dune: Part Two | 5 | 2 |
The Substance | ||
Nosferatu | 4 | |
Ainda Estou Aqui | 3 | |
Robot salvaje | ||
Sing Sing | ||
The Apprentice | 2 | |
Flow | ||
Nickel Boys | ||
A Real Pain |
Premios dos Gobernadores
editarA Academia levou a cabo a 15.ª cerimonia dos Premios dos Gobernadores o 17 de novembro de 2024, durante a que se entregaron os seguintes galardóns:[9]
- Quincy Jones - "Unha figura prominente cunha ilustre carreira musical que abrangue sete décadas".[10] (póstumo)
- Juliet Taylor - "Unha prolífica directora de casting que está detrás dalgúns dos elencos máis aclamados da historia".[10]
Premio en memoria de Irving G. Thalberg
editar- Barbara Broccoli e Michael G. Wilson - Polas "súas contribucións ao panorama da industria".[10]
Premio Humanitario Jean Hersholt
editar- Richard Curtis - "Un brillante guionista de comedia con tremendos esforzos na caridade".[10]
In Memoriam
editarMorgan Freeman foi o encargado de presentar o tributo "In Memoriam" e centrouse, especialmente, na súa relación con Gene Hackman.[11] A seguir, o tributo, no que participou Los Angeles Master Chorale interpretou "Lacrimosa" do Réquiem de Mozart, rendeu homenaxe ás seguintes persoas:[12]
Con todo, posteriormente, choveron as críticas por esquencer outras personalidades relevantes como Jim Abrahams, Alain Delon, Shannen Doherty, Mitzi Gaynor, Bernard Hill, Olivia Hussey, Linda Lavin, Sérgio Mendes, Martin Mull, Ken Page, Silvia Pinal, Tony Todd, e Michelle Trachtenberg (esta última, igual que Hackman, morrera a semana anterior).[13][14][15][16]
Varias presentacións despois da montaxe, e antes dos últimos catro premios presentados,[17] Whoopi Goldberg e Oprah Winfrey presentaron unha homenaxe individual a Quincy Jones. Durante a mesma, Queen Latifah interpretou "Ease on Down the Road" de O Meigo (a segunda canción desa película interpretada na cerimonia), que Jones compuxera.[18]
Notas
editar- ↑ Davis, Clayton (10 de abril de 2024). "Oscars 2025: Academy Sets Date and Nominations Timeline for 97th Ceremony". Variety. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ Pedersen, Erik (11 de decembro de 2024). "Oscars Will Stream Live on Hulu for First Time". Deadline Hollywood. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ Rottenberg, Josh (15 de novembro de 2024). "Conan O’Brien to host 97th Academy Awards, marking his first time as Oscar emcee". latimes.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Hammond, Pete (15 de novembro de 2024). "Conan O'Brien Set to Host 97th Oscars". Deadline Hollywood. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ Hammond, Pete (28 de outubro de 2024). "Raj Kapoor And Katy Mullan Return As Oscars Show Producers; Hamish Hamilton Back As Director". deadline.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Nordyke, Kimberly (22 de xaneiro de 2025). "Oscars: Rachel Sennott and Bowen Yang to Announce Nominees". The Hollywood Reporter. Consultado o 25 de xaneiro de 2025.
- ↑ Lang, Brent; Moreau, Jordan (23 de xaneiro de 2025). "Oscar Nominations 2025: 'Emilia Pérez' Leads with 13 Nods, 'Wicked' and 'The Brutalist' Follow with 10". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2025. Consultado o 25 de xaneiro de 2025.
- ↑ 8,0 8,1 Rosado, Ricardo (11 de marzo de 2024). "Todos los nominados de los Premios Oscar 2024: 'Oppenheimer' y 'Pobres criaturas' encabezan la lista de nominaciones". fotogramas.es (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2024.
- ↑ Bahr, Lindsey (17 de novembro de 2024). "Hollywood stars gather for honorary Oscars event celebrating Quincy Jones, Bond producers, more". Associated Press. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 10,3 "The Academy to Honor Richard Curtis, Quincy Jones, Juliet Taylor, Michael G. Wilson & Barbara Broccoli at 15th Governors Awards" (Nota de prensa). Academy of Motion Picture Arts and Sciences. 12 de xuño de 2024. Consultado o 22 de xaneiro de 2025.
- ↑ Matza, Max (2 de marzo de 2025). "Morgan Freeman leads Oscars tribute to 'dear friend' Gene Hackman". bbc.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ ABC News (03 de marzo de 2025). Oscars 2025: Watch Morgan Freeman deliver the In Memoriam (YouTube) (en inglés).
- ↑ Hayes, Dade (2 de marzo de 2025). "Michelle Trachtenberg, Olivia Hussey, Alain Delon & Tony Roberts Among Those Excluded From Oscars’ In Memoriam Segment". deadline.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Rahman, Abid (2 de marzo de 2025). "Oscars: Tony Todd, Michelle Trachtenberg, Shannen Doherty Left Out of In Memoriam Segment". hollywoodreporter.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Saperstein, Pat (2 de marzo de 2025). "Michelle Trachtenberg, Shannen Doherty, Tony Todd Among Those Omitted From Oscars In Memoriam Segment". variety.com (en inglés).
- ↑ Redacción (3 de marzo de 2025). "Oscar 2025: Cacá Diegues e Sérgio Mendes ficam de fora de homenagens póstumas na cerimônia". oglobo.globo.com (en portugués). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Mumford, Gwilym (3 de marzo de 2025). "Oscars 2025 highlights: Anora sweeps awards with best picture, best director and best actress – as it happened". theguardian.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
- ↑ Horton, Adrian (3 de marzo de 2025). "Oprah Winfrey, Whoopi Goldberg and Queen Latifah honor Quincy Jones at Oscars". theguardian.com (en inglés). Consultado o 5 de marzo de 2025.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: 96ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 97ª edición dos Óscar |
Sucesor: 98ª edición dos Óscar |