59 Times the Pain

59 Times the Pain foi unha banda sueca de hardcore punk procedente de Fagersta, no condado de Västmanland, e activa dende 1992 ata 2001.

59 Times the Pain
OrixeFagersta, Suecia Suecia
Período1992 - 2001
2008
Xénero(s)hardcore punk, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Burning Heart Records, Epitaph Records
MembrosMagnus Larnhed
Niklas Lundgren
Toni Virtanen
Michael Conradsson
Antigos membrosKai Kalliomäki
Na rede
http://burningheart.com/bands/index.php?id=120
Musicbrainz: d9bebadd-c071-4a83-b2b2-4ef277ea6a7d Songkick: 209928 Discogs: 253138 Allmusic: mn0000481078 Editar o valor em Wikidata

A banda fudárona Magnus Larnhed (voz, guitarra), Michael Conradsson (baixo), Toni Virtanen (batería) e Kai Kalliomäki (guitarra).[1] O nome do grupo está collido dunha canción de Hüsker Dü, do seu álbum New Day Rising.[2] Kalliomäki deixou a banda ao pouco tempo e foi substituído por Niklas Lundgren, que deixou a banda de hardcore Dislars, que posteriormente se convertería na máis coñecida Burst. A súa primeiro demo, "Feeling Down", chamou a atención de Burning Heart Records, e en 1993 a banda asinou un contrato co selo. No ano seguinte 59 Times the Pain gravou o seu álbum de estrea, Blind Anger & Hate.

En marzo de 1995 59 Times the Pain comezou a gravar o seu segundo traballo, More Out of Today, no estudio Unisound en Finspång. O éxito underground de More Out of Today e o seu sinxelo de estrea "Blind Anger & Hate", permitíndolle a 59 Times the Pain establecerse como unha banda exitosa.

O seu cuarto álbum, End of the Millennium, foi publicado en marzo de 1999 , e o seu quinto e derradeiro traballo, Calling The Public, apareceu no ano 2001. A banda tamén colaborou con cancións en varios recompilatorios, como Short Music for Short People e Punk-O-Rama Vol. 4, os dous publicados en 1999. 59 Times the Pain separouse en 2001. O 30 de xaneiro de 2008 anunciaron unha reunión para tocar no festival Groezrock en Bélxica.[3]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Blind Anger & Hate 1994 Burning Heart Records
More Out of Today 1995 Burning Heart Records, Semaphore
Twenty Percent of My Hand 1997 Burning Heart Records, Revelation Records
End of the Millennium 1999 Burning Heart Records
Calling the Public 2001 Burning Heart Records

Notas editar

  1. "59 Times The Pain". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 
  2. "59 Times the Pain | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 
  3. Blabbermouth (2008-02-01). "59 TIMES THE PAIN To Reunite For Appearance At Belgium's GROEZROCK Festival". BLABBERMOUTH.NET. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-20.