3.800-M < 2.500-M < 560-M

Acontecementos editar

Data das primeiras formas de vida no planeta Terra.

Dátase co nome de Eón Precámbrico (Agnostozoico, segundo outros autores), coa Era Proterozoica. Por mor de non haber un acordo unitario nos xeólogos en canto a datación, diremos que ten unha intensidade aproximada de 2.400 millóns de anos (dende os 3.800 ata os 590 millóns). Existen estudos que a fan comezar dende os 3.500 millóns de anos e rematan a era nos 590 millóns de anos; outros baixan a cifra ata 2.800 e fan rematar esta era nos 560 millóns de anos.

Subdivídese en tres eras:

  • Inferior: Aumenta a intensidade sísmica, hai un alto índice de intensidade volcánica. A atmosfera é completamente diáfana, hai abundancia de treboadas de auga. Hai alto índice de carbono no aire. O remate desta era nótase que o campo magnético terrestre sofre variacións. Duración estimativa do período dende o 3.000 ata 2.500 aproximadamente.
  • Media: Segue a intensidade sísmico-volcánica. Aumenta no aire o dióxido de carbono. A Terra segue a arrefriarse. Aparecen os primeiros seres pluricelulares que transmutan o carbono por hidróxeno. Duración estimativa do período dende o 2.500 ata 1.600 aproximadamente.
  • Superior: Fórmanse os primeiros ríos que arrastran sedimentos das terras formadas. Alto índice de vulcanismo. A atmosfera é clara con alto índice de carbono. Aparecen as primeiras bacterias e os protozoos (estes cara ao final da era). Un cálculo establece que ao redor dos 600 millóns de anos o campo magnético terrestre volve sufrir variacións. Duración estimativa do período dende o 1.600 ata 560 aproximadamente.

Véxase tamén editar