Tempada 1946-47 da BAA
A tempada 1946-47 da BAA foi a edición inaugural da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. A liga naceu con 11 franquías, e cun formato de tempada regular seguida duns playoffs polo título. A tempada rematou cos Philadelphia Warriors como primeiros campións da historia da liga.
Liga | Basketball Association of America |
Deporte | Baloncesto |
Tempada regular | |
Anotador | ![]() |
Finais | |
Campión | Philadelphia Warriors |
Subcampión | Chicago Stags |
National Basketball Association | |
← - |
AntecedentesEditar
Antes da creación da BAA xa houbo en Norteamérica outras ligas profesionais de baloncesto, como a American Basketball League (ABL) ou a National Basketball League (NBL), pero a BAA foi a primeira liga que se xogou en grandes pavillóns de grandes cidades.
A orixe do torneo foi a inquietude dalgúns dos propietarios de pavillóns de hóckey sobre xeo , que non estaban satisfeitos co feito de que os seus pavillóns quedasen tantos días sen uso cando non había encontros da NHL. Foi así como se chegou a un acordo para crear varias franquías de baloncesto e promocionar este deporte nos seus pavillóns con esta nova liga.
EquiposEditar
Os 11 equipos inaugurais pertencían ás zonas do noroeste e medio-oeste de Estados Unidos e á cidade de Toronto, en Canadá.
Equipo | Cidade | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|
Toronto Huskies | Toronto | Maple Leaf Gardens | 13.500 |
New York Knicks | Nova York | Madison Square Garden | 18.500 |
Boston Celtics | Boston | Boston Garden | 14.900 |
Washington Capitols | Washington | Uline Arena | 7.500 |
Philadelphia Warriors | Filadelfia | Philadelphia Arena | 5.500 |
Providence Steamrollers | Providence | Rhode Island Auditorium | 5.300 |
Chicago Stags | Chicago | Chicago Stadium | 18.600 |
Saint Louis Bombers | Saint Louis | Saint Louis Arena | 14.200 |
Cleveland Rebels | Cleveland | Cleveland Arena | 9.900 |
Detroit Falcons | Detroit | Detroit Olympia | 15.000 |
Pittsburgh Ironmen | Pittsburgh | Duquesne Gardens | 5.500 |
Tempada regularEditar
A tempada regular comezou o 1 de novembro de 1946 e rematou o 31 de marzo de 1947, dando como resultado un aparente dominio dos Washington Capitols, que acadaron unha porcentaxe de vitorias moi superior á do resto dos equipos. Cada equipo da División Leste disputou 60 encontros, mentres que os equipos da División Oeste tamén disputaron 60, menos os dous líderes que xogaron un encontro mais para desempatar no liderato da táboa. Os tres primeiros equipos de cada División clasificáronse para a loita final polo título nos playoffs.
|
|
PlayoffsEditar
|
Disputadas ó mellor de 7 encontros, nelas enfrontáronse os Philadelphia Warriors e os Chicago Stags. Os vencedores foron os Philadelphia Warriors que gañaron as finais por 4 vitorias a 1, proclamándose dese xeito campións da BAA na súa primeira edición.
|
EstatísticasEditar
Joe Fulks foi o xogador mais salientable da liga levando ó seu equipo ó título con 1.389 puntos anotados (23'1 por encontro), sendo Bob Feerick o segundo máximo anotador da liga con 926 puntos (16'8 por encontro), e Stan Miasek o terceiro con 895 puntos (14'9 por encontro).
LíderesEditar
As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:
Categoría | Xogador | Equipo | Valor |
---|---|---|---|
Líder de anotación | Joe Fulks | Philadelphia Warriors | 1.389 |
Líder de asistencias | Ernie Calverley | Providence Steamrollers | 202 |
Líder no porcentaxe de acerto en tiros de campo | Bob Feerick | Washington Capitols | 40'1% |
Líder no porcentaxe de acerto en tiros libres | Fred Scolari | Washington Capitols | 81'1% |
Equipos ideaisEditar
|
|