16 Days in Afghanistan
filme de 2007 dirixido por Anwar Hajher
16 Days in Afghanistan é un filme documental de 2007 dirixido por Anwar Hajher, quen viaxa de novo ó seu país, Afganistán logo de 25 anos fóra para redescubrilo de novo. É unha coprodución entre Afganistán, os Estados Unidos de América e a India, e foi producido por Mithaq Kazimi, sendo o primeiro filme rodado nas provincias fortemente influenciadas polo réxime talibán logo da súa caída. Foi escollido como candidato de Afganistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
16 Days in Afghanistan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 16 Days in Afghanistan |
Director | Anwar Hajher |
Produtor | Mithaq Kazimi |
Música | Ahmad Shah Hassan Larry Porter Hariprasad Chaurasia |
Fotografía | Karim Hamdard |
Montaxe | Mithaq Kazimi |
Distribuidora | KDK Factory |
Estrea | 2007 |
Duración | 60 minutos |
Orixe | Afganistán Estados Unidos India |
Xénero | Documental |
Orzamento | 100 000 USD[1] |
Na rede | |
http://www.kdkfactory.com/16days/ | |
Notas
editar- ↑ "Business - 16 Days in Afghanistan". Consultado o 7 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- 16 Days in Afghanistan na IMDb (en inglés).