154 (álbum)
154 é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de post-punk Wire, publicado en setembro de 1979 a través do selo Harvest Records no Reino Unido e Europa e de Warner Bros. Records nos Estados Unidos. Ramificándose aínda máis lonxe do estilo punk rock minimalista do seu traballo anterior, 154 está considerado unha progresión dos sons amosados no seu anterior disco, Chairs Missing, co grupo experimentando con tempos máis lentos, estruturas de cancións máis completas e un maior uso de efectos de guitarra, sintetizadores e electrónica.
154 | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Wire | ||||
Publicado | setembro de 1979 | |||
Gravación | abril-maio de 1979 | |||
Estudio(s) | Advision Studios | |||
Duración | 44:41 | |||
Xénero(s) | post-punk, art punk, rock experimental | |||
Selo(s) | Harvest Records | |||
Producido por | Mike Thorne | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
154 chegou ao número 39 na lista británica de álbums, a posición máis alta que acadou a banda.[1] Foi editado en CD en 1987 a través de EMI Japan e posteriormente reeditado por Restless Records en 1989. As primeiras edicións en vinilo estaban acompañadas dun EP, con temas que se incluíron no CD de Harvest CD, lanzado en 1994, xunto cunha canción extra adicional. A nova edición remasterizada, publicada por Pinkflag en 2006, non contén cancións extra debido, segundo a banda, eses engadidos deshonran a "claridade conceptual das declaracións orixinais".[2] O álbum chamouse así porque a banda tocara 154 concertos no momento do lanzamento do traballo. Pitchfork listou a 154 como 85 mellor disco dos anos 70.[3]
Listaxe de canciónsEditar
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
1. | "I Should Have Known Better" | Graham Lewis | Lewis | 3:52 | |||||
2. | "Two People in a Room" | Bruce Gilbert | Colin Newman | 2:00 | |||||
3. | "The 15th" | Newman | Newman | 3:05 | |||||
4. | "The Other Window" | Gilbert | Gilbert, Lewis | 2:07 | |||||
5. | "Single K.O." | Lewis | Lewis, Newman[4] | 2:23 | |||||
6. | "A Touching Display" | Lewis | Lewis | 6:55 | |||||
7. | "On Returning" | Newman | Newman | 2:06 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Letras | Música | Duración | |||||
8. | "A Mutual Friend" | Lewis | Newman | 4:28 | |||||
9. | "Blessed State" | Gilbert | Gilbert | 3:28 | |||||
10. | "Once Is Enough" | Newman | Newman | 3:23 | |||||
11. | "Map Ref. 41°N 93°W" | Lewis | Newman | 3:40 | |||||
12. | "Indirect Enquiries" | Lewis | Newman | 3:36 | |||||
13. | "40 Versions" | Gilbert | Gilbert, Newman | 3:28 |
NotasEditar
- ↑ "WIRE | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com. Consultado o 2019-05-09.
- ↑ "PostEverything : News". web.archive.org. 2006-04-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2006. Consultado o 2019-05-09.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ "The 100 Best Albums of the 1970s - Page 2". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-05-09.
- ↑ Neate, Wilson (2013). Read & Burn: A book about Wire. London: Jawbone Press. p. 81. ISBN 978-1-90827-933-0.