Abrir o menú principal

486958 Arrokoth

(Redirixido desde "(486958) 2014 MU69")
Imaxe estéreo de Arrokoth
Imaxe estéreo de Arrokoth.
Encontro con New Horizons
Encontro con New Horizons.

Arrokoth ('ceo' na lingua algonquina) é un asteroide do cinto de Kuiper. En xaneiro de 2019 é o obxecto máis afastado visitado por unha nave espacial terrestre, a New Horizons, nave que o avistou en agosto de 2018.

CaracterísticasEditar

A órbita de Arrokoth alóxase no cinto de Kuiper, máis aló da órbita de Neptuno. O encontro coa New Horizons o día de ano novo tivo lugar a 6000 millóns de km da Terra. Arrokoth é un obxecto clásico do Cinto de Kuiper ou cubeún.[1] Estímase que ten un tamaño de arredor de 32 km.[1]

Foi descuberto o 26 de xuño de 2014 polo Telescopio Espacial Hubble durante as primeiras observacións para atopar un obxecto adecuado do Cinto de Kuiper para a misión New Horizons. O descubrimento requiriu o uso do Hubble debido á gran distancia á que se atopa o obxecto, que só é posible de divisar cos telescopios máis potentes. Hubble tamén é capaz de realizar cálculos astronométricos e determinar o percorrido da órbita do obxecto.[2] O corpo celeste do cinto de Kuiper foi elixido para a misión da sonda New Horizons cinco anos antes da arribada desta ó asteroide.

Recibiu o nome provisional de (486958) 2014 MU69[3]. Fíxose un concurso para nomealo,[4] coñecéndose de xeito informal co nome Ultima-Thule[5]. O seu nome definitivo foi dado pola Unión Astronómica Internacional o 22 de novembro de 2019.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Barnett, Amanda (28 August 2015). "Pluto probe gets new assignment". CNN. Consultado o 7 de outubro 2015. 
  2. Spencer, J. R.; Buie, M. W.; et al. (2015). "The Successful Search for a Post-Pluto KBO Flyby Target for New Horizons Using the Hubble Space Telescope" (PDF). European Planetary Science Congress (EPSC) Abstract (Copernicus Office). 
  3. "International Astronomical Union IAU". www.iau.org. Consultado o 2019-11-28. 
  4. Talbert, Tricia (2017-11-06). "Help Nickname New Horizons’ Next Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-02. 
  5. Talbert, Tricia (2018-03-13). "New Horizons Chooses Nickname for ‘Ultimate’ Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-01. 

Véxase taménEditar