Łukasz Piszczek

futbolista polaco

Łukasz Piszczek, nado o 3 de xuño de 1985 en Czechowice-Dziedzice, é un futbolista polaco. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Borussia Dortmund. Anteriormente, xogou no Hertha BSC e no Zagłębie Lubin. Ademais, é internacional na selección de Polonia.

Łukasz Piszczek
Piszczek co Hertha BSC en 2009
Información persoal
Nome Łukasz Piszczek
Nacemento 3 de xuño de 1985 (38 anos)
Lugar de nacemento Czechowice-Dziedzice
Altura 1,84 m.
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Borussia Dortmund
Número 26
Carreira xuvenil
LKS Goczałkowice-Zdrój
2001–2004 Gwarek Zabrze
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2010 Hertha BSC 68 (3)
2004–2007Zagłębie Lubin (cedido) 70 (15)
2010– Borussia Dortmund 98 (7)
Selección nacional
2008– Polonia 35 (2)
Na rede
FIFA: 216955 UEFA: 74029 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de agosto de 2013.
Selección: actualizado a 26 de marzo de 2013.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Club editar

En 2001, Piszczek chegou ao Gwarek Zabrze, co cal gañou o campionato júnior polaco en 2003. En 2004, converteuse no máximo goleador do Campionato de Europa sub-19, e xusto despois asinou co Hertha Berlin, sendo inmediatamente cedido ao Zagłębie Lubin. Co Zagłębie, gañou a liga polaca na tempada 2006–07, e xogou principalmente de interior esquerdo, aínda que tamén foi utilizado coma dianteiro centro en varias ocasións. Anotou 11 goles na tempada 2006–07, sendo o segundo máximo goleador do equipo.

En outono de 2007, o Hertha chamou ó xogador de volta. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 26 de abril de 2008, dándolle o empate ó seu equipo contra o Hannover 96. Na súa segunda tempada comezou a xogar de lateral dereito.

O 19 de maio de 2010, foise gratis ao Borussia Dortmund, asinando un contrato ata xuño de 2013.[1] O 26 de xullo de 2011, asinou unha extensión do seu contrato ata xuño do ano 2016.[2]

Selección editar

Piszczek fixo a súa primeira aparición coa selección de Polonia nun amigable contra Estonia o 3 de febreiro de 2007. O 6 de xuño de 2008, foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008. Tan só xogou un partido contra Alemaña, pero se lesionou na sesión de adestramento para o seguinte partido, e non participou en ningún encontro máis.

Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés editar

Club editar

Zagłebie Lubin
2006–07
Borussia Dortmund
2010–11, 2011–12
2011–12

Notas editar

  1. Fligge, Sascha (19 de maio de 2010). "BVB: holt Lukasz Piszczek". Ruch Nachrichten (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 19 de maio de 2010. 
  2. "Piszczek agrees extension". SkySports. 26 de xullo de 2011. Consultado o 3 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar