Þórarinn B. Þorláksson

pintor islandés

Þórarinn Benedikt Þorláksson, nado en Undirfell o 14 de febreiro de 1867 e finado en Laugardalur (Reiquiavik) o 10 de xullo de 1924, foi un dos primeiros pintores contemporáneos de Islandia. Foi, ademais, o primeiro islandés que expuxo a súa obra en Islandia, e o beneficiario da primeira subvención pública do país a un pintor.[2]

Infotaula de personaÞórarinn B. Þorláksson
Biografía
Nacemento(is) Þórarinn Benedikt Þorláksson Editar o valor em Wikidata
14 de febreiro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Undirfell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 1924 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Laugardalur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLandscaping (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQ16429274 Traducir Editar o valor em Wikidata
Þingvellir[1]

Primeiros anos e traxectoria editar

Foi o 13º dos 14 fillos dun crego, quen morreu cando Þórarinn tiña só cinco anos. Orixinalmente formouse e traballou como encadernador. Þórarinn estudou pintura con Thóra Thoroddsen, unha pintora islandesa formada en Copenhague. En 1900 o Alþingi (o Parlamento islandés) concedeulle unha bolsa para estudar en Dinamarca, onde se formou entre 1895 e 1899. De volta en Islandia, expuxo a súa obra nun sitio chamado Glasgow, en Reiquiavik, no verán de 1900, a primeira exposición de pintura islandesa no país. O principal interese de Þórarinn era a arte de paisaxes, e quizais por esa razón un motivo dominante nesta primeira exposición era a rexión de Þingvellir. Trátase dun lugar dunha importancia histórica enorme en Islandia, pois é onde foi fundado en 930 d.C. o Alþingi, unha das institucións parlamentarias máis antigas do mundo.

Carreira posterior editar

Þórarinn Continuou seguiu a pintar e a expoñer a súa obra de xeito regular até 1911. Con todo, buscaba que as súas ganancias non procedesen exclusivamente da súa obra. O 30 de decembro de 1913 foi nomeado polo primeiro ministro Hannes Hafstein como unha das cinco persoas do comité que deseñou a bandeira de Islandia.[3] Deu aulas de debuxo na Universidade de Islandia e noutras institucións de Reiquiavik, e foi reitor da universidade entre 1916 e 1922. Tamén rexentou unha tenda de materiais de arte, revistas e libros até o seu pasamento. Durante a súa vida continuou a pintar, sobre todo no campo durante o verán. Morreu en Birkihlíð, a súa casa de verán, o 10 de xullo de 1924.

Þórarinn, xunto cuns poucos artistas máis (entre eles o seu contemporáneo Ásgrímur Jónsson), retratou a paisaxe do seu país ao seu estilo e dende unha perspectiva islandesa, non tanto polas convencións e a concepción da luz na tradición artística da Europa Occidental. A este respecto, a obra de Þórarinn e Ásgrímur desempeñou unha función similar á da Escola de Heildelberg de Australia (lixeiramente anterior) e o Grupo dos Sete, Emily Carr e Tom Thomson no Canadá (lixeiramente posterior).

Pinturas seleccionadas editar

Notas editar

  1. Þingvellir é unha rexión de Islandia, situada ao sueste da illa.
  2. "Kunstindeks Danmark & Weilbachs kunstnerleksikon". www.kulturarv.dk. Consultado o 2022-06-02. 
  3. Thorlacius, Birgir: A brief history of the Icelandic flag, Fáni Íslands, skjaldarmerki, þjóðsöngur, heiðursmerki ("The Flag, Coat of Arms, National Anthem and Official Honours of Iceland"), Office of the Prime Minister of Iceland, 1991. URL last accessed August 15, 2007.

Bibliografía editar

  • Ólafur Kvaran (ed.), Þórarinn B. Þorláksson: Pioneer at the Dawn of a Century, Listasafn Íslands, Reykjavík, 2000
  • Ólafur Kvaran e Karla Kristjánsdóttir (eds.), Confronting Nature: Icelandic Art of the 20th Century,National Gallery of Iceland, Reykjavík, 2001