Úrsula de San Diego

escritora e relixiosa española

Úrsula de San Diego, nada en Puebla de Don Fadrique en 1570 e finada en Granada o 22 de outubro de 1622, foi unha escritora e relixiosa española do Século de Ouro.

Úrsula de San Diego
Nome completoÚrsula de San Diego
Nacemento1570
Lugar de nacementoPuebla de Don Fadrique
Falecemento22 de outubro de 1622
Lugar de falecementoGranada
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era filla de fidalgos cunha situación económica delicada, que se dedicaban á agricultura. Con 24 anos ingresou no Convento da Nosa Señora dos Anxos de Baza. Anos despois Juan Orozco de Covarrubias, bispo da diocese de Guadix, quixo introducila como monxa corista no Convento de relixiosas franciscas de Guadix, mais a idea non foi adiante. Úrsula solicitou admisión no convento de Capuchinas de Granada, e o 12 de maio de 1615 tomou de novo o hábito como lega. Profesou dous anos máis tarde.

Obra editar

  • Vida interior de la Venerable Úrsula de San Diego religiosa lega en el Monasterio de Madres Capuchinas de Granada
  • Convento Espiritual[1]
  • Ejercicio Espiritual
  • Tratado de las virtudes
  • Principio de la devoción de las Llagas de Jesús. Cuadernos de las Venerables Úrsula de San Diego y Luciana de Jesús

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Correa Ramón, Amelina (2002). Universidade de Granada, ed. Plumas femeninas en la literatura de Granada (siglos VIII-XX). Diccionario-Antología. Granada. 
  • López Muñoz, Miguel Luis (1992). Universidade de Granada, ed. Contrarreforma y cofradías en Granada: aproximación a la historia de las cofradías y hermandades de la ciudad de Granada durante los siglos XVII y XVIII. Granada. 
  • Vizán Rico, Blanca (2016). "El Convento Espiritual de Úrsula de San Diego: Un librito formativo con escolios del licenciado Quintana". Congreso de GEMELA de 2016 Forging Links Across Space and Time: Hispanic Women’s Cultural Production 1300-1800.