Úrsula Céspedes

poetisa cubana do século XIX

Úrsula Céspedes Orellano, nada en Bayamo en 1832 e finada en Lajas o 2 de novembro de 1874, foi unha mestra e poeta cubana, unha das poucas mulleres que cultivaron poesía nativista e crioula, normalmente asociada aos homes.

Infotaula de personaÚrsula Céspedes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Bayamo Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 1874 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Lajas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Bayamo (provincia de Granma) en 1832. Era filla de Manuel Céspedes Barrero, gandeiro de profesión e bastante próspero, e de Bárbara Orellano.[1] Tivo a súa instrución formal na súa localidade natal e en 1858 obtivo o título de mestra de ensino primario.[2] O mesmo ano fundou, xunto co seu esposo, o poeta Ginés Escanaverino,[2] unha escola para nenas, a Academia de Santa Úrsula.[3]

Durante a guerra de independencia de Cuba foi perseguida por mor do seu apelido, xa que era parenta do líder independentista da revolta, Carlos Manuel de Céspedes. Durante este período perdeu catro irmáns, Manuel, Leonardo e Miguel, e os bens da súa familia foron destruídos ou ben confiscados por parte do goberno español, chegando a poñer ós Céspedes na ruína total; o seu pai morreu en 1868, afectado pola morte dos seus fillos e a perda dos seus bens.[3][1]

Dende a súa mocidade foi afeccionada á poesía, especialmente polo estímulo do seu irmán José María, catedrático da Universidade da Habana.[2] Empregando o pseudónimo Serrana publicou as súas primeiras obras en El Redactor de Cuba e Semanario Cubano, se ben despois colaboraría con outras cabeceiras co mesmo alcume ou como La Calandria ou Carlos Enrique de Alba.[3] En 1861 publicou unha colección das súas poesías titulada Ecos de la Selva;[2] a obra foi prologada por Carlos Manuel de Céspedes.[1] Contra o remate da súa vida, escribiu un segundo poemario, Cantos postreros, que foi publicado de maneira póstuma en 1875.[4] No ano 1948, Juan J. Remos publicou unha antoloxía da súa obra.[3]

Obra editar

Poemarios editar

  • Ecos de la Selva (1861)
  • Cantos postreros (1875)

Antoloxías editar

  • Poesías (1948). Edición de Juan J. Remos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Vargas Araya, Armando (2006). El doctor Zambrana (en castelán). San José, Costa Rica: Editorial Universidad Estatal a Distancia. p. 139. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rosain, Domingo (1875). "Doña Ursula Céspedes de Escanaverino". Necrópolis de La Habana (en castelán). A Habana: Imprenta El Trabajo. p. 465. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Gutiérrez, Milena (ed.) (2011). Otra Cuba secreta. Antología de poetas cubanas del XIX y del XX (en castelán). Madrid: Editorial Verbum. pp. 101–102. 
  4. Rodríguez Gutiérrez, Milena (2014). Entre el cacharro doméstico y la Vía Láctea. Poetas cubanas e hispanoamericanas (en castelán). Sevilla: Editorial Renacimiento. pp. 25–31.