Ínclita Xeración
fillos do rei Xoán I de Portugal e de Filipa de Lancaster
A Ínclita Xeración, en portugués Ínclita Geração, é o nome dado por historiadores portugueses aos fillos do rei Xoán I de Portugal e de Filipa de Lancaster.
Príncipes
editarO epíteto refírese ao valor individual destes príncipes que, de varios xeitos, marcaron a historia de Portugal e de Europa. Eles foron:
- Duarte, Rei de Portugal (1391-1438).
- Pedro, duque de Coímbra (1392-1449, morto na batalla de Alfarrobeira, foi rexente de Afonso V, seu sobriño, considerado como o príncipe máis culto da súa época.
- Henrique, duque de Viseu (1394-1460), coñecido como Henrique, o Navegador, foi o grande impulsor dos descubrimentos portugueses.
- Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña (1397-1471), casada con Filipe III, duque de Borgoña, actuou en nome do seu marido en varios encontros diplomáticos e está considerada como a verdadeira gobernante da Borgoña no seu tempo. En honor deste matrimonio, o duque creou a Orde do Tosa de Ouro. Era a nai de Carlos, o Temerário.
- Xoán, infante de Portugal (1400-1442), condestábel de Portugal e avó da raíña Isabel de Castela e do rei Manuel I de Portugal.
- Fernando, o Infante Santo (1402-1433), morre no cativerio en Fez, despois de rexeitar entregar Ceuta a cambio da súa propia liberdade.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |