Éxtase (emoción)

Éxtase (do grego έκ-στασις ek-stasis) é un estado de plenitude máxima usualmente asociado a un pracer intenso que dura uns momentos. Despois da súa fin a volta á vida cotiá, pode verse incluso transformada polo evento previo, e así sentir un grao de satisfacción constante.

Jean Benner, Ecstasy.

Un estado de éxtase implica unha desconexión coa realidade para conectarse cunha realidade propiamente mental dirixida cara a un mesmo. A persoa que experimenta a éxtase a miúdo desconecta os seus sentidos cara ao exterior e enfócaos cara ao interior. É dicir, a éxtase é un estado alterado caracterizado pola ausencia total ou parcial dos arredores e sentindo as emocións no noso interior.

  • Un orgasmo é chamado moitas veces éxtase sexual.
  • Un instante de iluminación mística ou claridade espiritual dunha persoa recibe o nome de éxtase. Normalmente é de tipo relixioso, pero pode ser tamén de tipo existencial ou filosófico.

Descrición editar

Desde un punto de vida psicolóxico a éxtase é unha perda de autocontrol ou unha perda temporal da consciencia, que a miúdo se asocia co misticismo relixioso ou coas relacións sexuais. Durante a éxtase non é posible comunicarse con outras persoas nin realizar accións normais. Acostuma durar curtos períodos de tempo, aínda que pode chegar a prolongarse varias horas.

Na linguaxe cotiá, a palabra denota unha intensa experiencia de euforia por razóns obvias. Raramente se usa nun contexto científico, xa que é un concepto que moi difícil de definir.

Tipos editar

A éxtase pode ser inducida mediante actividades relixiosas ou creativas, meditación, música, danza, exercicios de respiración, exercicio físico, a relación sexual ou o consumo de drogas. A técnica especial que unha persoa utiliza para inducir a éxtase tamén é asociada coas tradicións relixiosas e culturais particulares daquel individuo. Nalgúns casos, unha persoa pode obter unha experiencia extática por erro.

As persoas interpretan a experiencia despois de acordo coa súa cultura e crenzas como unha revelación de Deus, unha viaxe ao mundo dos espíritos ou un episodio psicótico. A experiencia xunto coa súa posterior interpretación pode cambiar fortemente o valor do sistema e da visión do mundo do suxeito (por exemplo, para facer a conversión relixiosa).

En 1925, James Leuba escribiu: "Entre a maioría das poboacións non-civilizadas, como entre os pobos civilizados, certas condicións de éxtase son considerados como posesión divina ou como unión co divino. Estes estados son inducidos por medio de drogas, por excitación física, ou por medios psíquicos. Pero, con todo producido e en calquera nivel da cultura se pode atopar que eles posúen certas características comúns que suxiren incluso para o observador superficial, algunha conexión profunda".

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar