Ética para o meu fillo

Ética para o meu fillo é un libro de Fernando Savater, filósofo e escritor español, publicado en 1991. Trátase da tradución ao galego[1] do libro publicado orixinalmente en castelán co título Ética para Amador.

Ética para o meu fillo
Título orixinalÉtica para Amador
Autor/aFernando Savater
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Xénero(s)didáctico, ensaio
EditorialAriel
Data de pub.1991
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Neste libro un pai dende que o seu fillo era cativo intentou transmitirlle todos estes valores e consellos en forma de literatura, para que cando chegase a súa adolescencia se el cría oportuno o lera. Deste xeito, Amador, un rapaz duns quince anos aprendería dunha forma distinta como levar adiante os pequenos imprevistos da vida, coa axuda do pai.

Resumo editar

Dende o primeiro capítulo, no que o pai lle explica o seu cativo como se pode vivir sen aprender moitas cousas, ou polo simple feito de ignoralas, xa que sempre, debemos ser moi conscientes do que de verdade nos convén, aínda que a nosa decisión o mellor non sexa a máis acertada, pois moitas das que tomamos parécennos as mellores, pero detrás destas cabe a probabilidade de que haxa algo malo.

As persoas, a diferenza dos animais, non actuamos por instinto, somos nós mesmos os que debemos decidir o que facer, e gozamos da liberdade que nos leva a errar ou beneficiarnos nos pasos que damos día a día. O pai explícalle isto ao seu fillo a través do exemplo da Ilíada, contándolle a historia de Heitor, pois este no enfrontamento contra Aquiles puido escoller loitar contra el, ou escapar, pero foi quen de tomar a súa propia decisión e cargar coas consecuencias. Aínda que a nosa liberdade moitas veces nos obrigue a escoller o camiño máis difícil, debemos estar agradecidos ao poder facelo.

Á hora de enfrontarnos a unha decisión moitas veces preferiríamos non ter que facelo, pero non nos damos de conta que cada momento aínda que non nos paremos a pensalo estámolo facendo, e posiblemente a nosa decisión estará mellor tomada. Xa ben sexa por unha orde, por costume, ou por capricho debemos pensar o menos posible, pero si facelo de forma razoable.

O bo e o malo na vida non esta ben definido, por iso sempre teremos algún erro ao escoller o noso camiño, antes de facelo, racionalmente debemos de estudar as circunstancias, sen deixar que ninguén abuse da nosa liberdade e facendo o que cada un sente. Moita xente deixase levar polos demais e pola cultura na que vive, sen ter presentes os seus desexos a hora de escoller.

Cada un de nós debe ter unhas prioridades establecidas que nos axudarán a satisfacer os nosos caprichos, pero tamén ao mesmo tempo ser quen de controlados sen deixarnos guiar por eles, o que implica levar a cabo unha boa vida humana, na que estaremos rodeados de moitas máis persoas, que ao igual ca nós, deben de actuar por si mesmas e que nos axudarán transmitíndonos cultura, e simplemente a escapar da extrema soidade.

A boa vida humana non basta so con querela e perseguila, senón que debemos aprender a levala e afrontar as complicacións que nela poden xurdir, pois no momento que intentemos escapar da complexidade estamos fastidiando a todas as persoas que nos rodean e nos axudan a comprender o que é o amor, a amizade e moitos outros sentimentos que sen eles non poderíamos experimentar, sen deixar evadirnos polo material xa que isto so é unha forma de ser egoístas con nós mesmos. Debemos de decidir o que de verdade queremos.

Amador non terá so que deixarse aconsellar polo seu pai, senón que terá como obriga controlar comportamentos imbéciles, para así non levar un mal camiño na súa vida; so necesitará ter en conta a conciencia, saber que non todo da igual, que o que facemos ten un sentido lóxico que nos levará a respectar os nosos propios valores, e a ser egoístas, persoas que saben o que de verdade queren e se esforzan en conseguilo, pois o que non o sabe só consegue facerse dano a si mesmo.

Ser responsable indica ir en contra da nosa liberdade, cada un debe de elixir e ser consciente do que fai, pois realmente o responsable é aquel que toma decisións sen que nada nin nada por encima del lle de ordes, pois deste xeito vaise transformando e cada vez será máis difícil para el obrar mal.

Non existe un comportamento exemplar que todos debamos seguir, aínda que sexa moi grande a semellanza entre os humanos cada un interiormente é moi distinto, deste xeito so hai unha maneira de facelo, debemos coidar e mimar a relación entre nós, pois so aprenderemos do exemplo que nos mesmos damos e os demais nos dan. Debemos mostrar interese por eles, pero sen chegar ao punto de sacrificarnos nós mesmos pola xente que nos rodea, bastará respectalos, e amalos como humanos que son.

Ao mesmo tempo que as leccións de ética van avanzando, o pai de Amador ensínalle ao seu fillo como o sexo e unha simple mostra de ignorancia, pois considerámolo como algo bo ao non danar a ningún de nós e facernos sentir gozo, desta forma moitas persoas cren que nada é malo polo simple feito de que che guste facelo. Nese momento debemos establecer uns límites e considerar moitas outras cousas tamén pracer.

Ata o último capítulo, o pai intenta explicarlle a Amador o que de verdade significa a ética comparándoa coa política, pois estes dous termos só se parecen no sentido de que tratan de conducirnos a vivir ben, pero cunha gran diferenza, a ética ocúpase do que un mesmo fai coa súa liberdade, mentres que a política intenta relacionar interesadamente o conxunto do que moitas persoas fan coa súa liberdade.

Notas editar

  1. "Tradución ao galego publicada por Ariel en 1996". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2012.