Érika Reija
María Érika Reija López, nada en Lugo o 13 de maio de 1981, é unha politicóloga, xornalista e correspondente galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Érika Reija López 13 de maio de 1981 (43 anos) Lugo, España |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia - bachelors degree in political science (en) (2000–2004) Facultade de Ciencias da Información - Q67146338 (1999–2004) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, correspondente, politicóloga |
Período de actividade | 2004 - |
Empregador | RTVE (2004–) |
Traxectoria
editarÉrika Reija é licenciada en Ciencias da Información, na especialidade de Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en Ciencias políticas e Goberno pola UNED. Ademais é experta no mundo árabe.
Desde setembro de 2004 a xuño de 2015, foi redactora da área de Internacional dos Servizos Informativos de Televisión Española, sendo enviada especial en diversos destinos, desde onde informou sobre a revolución da praza Tahrir ocorrida en 2011 en Exipto, a Guerra de Libia de 2011 e o conflito entre Israel e Palestina pola Franxa de Gaza.[2] Tamén cubriu o rescate dos mineiros chilenos de 2010 na mina San José.[3][4]
En 2011 traballou en Buscamundos, un programa de turismo solidario emitido na 2.[5][6]
Entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de 2017, foi correspondente de TVE en Rabat, en substitución de Luis Pérez López. Como correspondente en Marrocos, cubriu a información daquel país e a de todo o continente africano.[7]
Desde o 1 de xullo de 2017 ao 7 de marzo de 2022, pasou á correspondencia en Moscova. Como correspondente de Televisión Española en Rusia, cubriu a información daquel país e dos países que pertencían á Unión Soviética, sendo enviada especial en 2014 durante a anexión rusa de Crimea. Tivo que abandonar a cidade en 2022 durante a invasión de Ucraína debido á aprobación dunha nova lei que sanciona con até 15 anos de cárcere pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas.[8]
Premios e recoñecementos
editar- Recibiu en 2015 o premio «Entre Mulleres», outorgado polo concello de Lugo.[9]
- Premio Internacional de Xornalismo á Mellor Correspondente Española en 2018 polo Club Internacional de Prensa e a Asociación de Correspondentes de Prensa Estranxeira.[10][11]
- Recibiu o Premio José Couso en 2022.[12]
Notas
editar- ↑ "EN PRIMERA LÍNEA – ÉRIKA REIJA" (en castelán). Consultado o 2022-03-09.[Ligazón morta]
- ↑ V, R. (2022-03-05). "La periodista gallega Érika Reija obligada a abandonar Rusia" (en castelán). Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "TVE cesa a la corresponsal en Asia por irse de vacaciones durante el terremoto de Nepal" (en castelán). 2015-08-19. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "#CORRESPONSALES. 10 AÑOS después del RESCATE de 'LOS 33': así se vivió en la MINA en CHILE. RTVE".
- ↑ Lugo, El Progreso de (2011-02-25). "TVE envía a Érika Reija a Etiopía para el programa de viajes 'Buscamundos'" (en castelán). Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "«Buscamundos», un programa de viajes solidarios en La 2" (en castelán). 2011-09-30. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ Mingo, Por Alicia (2017-08-24). "Érika Reija aterriza en Moscú: “La primera corresponsalía es como el primer amor, nunca se olvida”" (en castelán). Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "Érika Reija - Rosa María Calaf - El café de las 9" (en castelán). 2021-05-30. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "Premio Entre Mulleres para tres loitadoras polos dereitos" (en castelán). 2015-03-10. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "El Club Internacional de Prensa premia a la corresponsal de TVE en Moscú" (en castelán). 2018-06-19. Consultado o 2022-03-09.
- ↑ RTVE, PRENSA (2018-06-20). "Érika Reija, corresponsal de TVE en Moscú, recoge el premio del Club Internacional de Prensa" (en castelán). Consultado o 2022-03-09.
- ↑ "Érika Reija gaña o Premio José Couso nunha reivindicación do papel dos medios públicos e do xornalismo nas guerras". Praza Pública. 2022-04-25. Consultado o 2022-04-26.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Érika Reija no Instagram
- Érika Reija na IMDb (en inglés).