Élan Chalon

(Redirección desde «Élan Sportif Chalonnais»)

O Élan sportif chalonnais, máis coñecido como Élan Chalon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Chalon-sur-Saône. O equipo disputa os seus partidos como local no Le Colisée. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.

Élan Chalon
Información xeral
Nome Élan sportif chalonnais
Liga Pro A
Fundación 1955
Cores                Vermello, branco, prata
Presidente Francia Dominique Juillot
Adestrador Francia Julien Espinosa
Localización
Cidade Francia Chalon-sur-Saône, Francia
Pavillón Le Colisée
Capacidade 4.540
Inauguración 2001
Campionatos
Liga 2 (2012, 2017)
Copa 2 (2011, 2012)
elanchalon.com

Historia editar

O equipo foi fundado orixinalmente en 1955, após a fusión do Association Sportive Chalonnaise e o Élan de Saint-Jean des Vignes. En 1970, fusionouse tamén co equipo de fútbol Bourgneuf Val d'Or Mercurey. En 1994, converteuse en equipo profesional. O seu primeiro grande éxito chegou na temporada 2011−12 cando conseguen gañar o título de Liga. O equipo finalizara a liga en segunda posición tras o Gravelines-Dunkerque, cun balance de 23 vitorias e 7 derrotas (o Gravelines finalizara con tan só tres derrotas). Nos play-offs polo título eliminaron na primeira fase ao Chorale Roanne, mentres que o Gravelines caía ante o Cholet, oitavo clasificado en liga regular. En semifinais conseguiron vencer ao Orléans Loiret, agardando na final o Le Mans, que en Liga acabara en cuarto lugar. Na final, que se disputaba a partido único, o Chalon consegue vencer por 95−76 no Pavillón de Paris-Bercy. Neste partido destacou a actuación de Billy Ouattara e Clint Capela, con 24 e 22 puntos respectivamente. O título de Liga permitiu ao equipo debutar na Euroliga na temporada 2012–13, aínda que foron eliminados na liga regular con 3 vitorias por 7 derrotas.[1] En 2016 o equipo chegou á Final Four da FIBA Europe Cup, a cal foi celebrada en Le Colisée de Chalon, con todo, o equipo acaba en terceiro lugar. En 2017 o equipo repite éxito, chegando ademais esta vez á final, con todo perden ante o Nanterre 92. En liga a situación sería moito mellor e o equipo consegue gañar o seu segundo título após vencer ao SIG Strasbourg por 3–2 nas finais.

Ano a ano editar

Ano Nivel Liga Pos. Copa Leaders Cup Competicións europeas
2006–07 1 Pro A Cuartos de final Cuartos de final
2007–08 1 Pro A Rolda de 16 2 ULEB Cup R32
2008–09 1 Pro A Rolda de 16
2009–10 1 Pro A 12º Cuartos de final 3 EuroChallenge L16
2010–11 1 Pro A Campión Subcampión
2011–12 1 Pro A Campión Campión 3 EuroChallenge
2012–13 1 Pro A Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga LR
2013–14 1 Pro A Rolda de 32 2 Eurocup LR
2014–15 1 Pro A Oitavos de final
2015–16 1 Pro A Oitavos de final Subcampión 3 FIBA Europe Cup
2016–17 1 Pro A Semifinais Cuartos de final 4 FIBA Europe Cup
2017–18 1 Pro A 12º Oitavos de final 3 Championns League LR

Xogadores editar

Destacados editar

Títulos editar

Liga de Francia

  • Campións (2): 2012, 2017

Copa de Francia

  • Campións (2): 2011, 2012

Semaine des As

  • Campións (1): 2012
  • Subcampións (2): 2011, 2016

Notas editar

  1. "Elan Chalon-Sur-Saone". euroleague.net (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar