Rudi Fischer
Rudolf "Rudi" Fischer (nado o 19 de abril de 1912 en Stuttgart, Alemaña e finado o 30 de decembro de 1976 en Lucerna, Suíza) foi un piloto suízo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1912 Stuttgart, Alemaña |
Morte | 30 de decembro de 1976 (64 anos) Lucerna, Suíza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Fischer participou en oito Grandes Premios do Campionato do Mundo, debutou o 27 de maio de 1951. Logrou dous podios, e anotou un total de 10 puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fóra de campionato de Fórmula Un e Fórmula 2.
Andaina
editarDebutou na segunda tempada da historia do campionato do mundo da Fórmula 1, en 1951, disputando o 27 de maio do 1951 o Gran Premio de Suíza, que era a proba inicial da tempada.
Rudi Fischer participou nun total de oito carreiras (con dous podios) puntuables para o campionato de F1, repartidas ao longo de dúas tempadas na F1, as que corresponden aos anos 1951 e 1952. No Gran Premio de Suíza de 1952 en Berna, Fischer terminou segundo tras Piero Taruffi, ambos pilotos con Ferraris.[1]
Fischer competiu e gañou en numerosas probas automobilísticas fora da F1.
Écurie Espadon / Scuderia Espadon
editarRudi Fisher foi o líder da "Écurie Espadon",[2] o nome do equipo na maior parte da súa carreira como piloto.
Écurie Espadon compoñíana un grupo de cabaleiros corredores afeccionados suízos. A palabra "Écurie" foi utilizado ao principio xa que a maioría dos coches do equipo eran franceses, en xeral Gordinis. Máis tarde o equipamento do equipo cambiou aos vehículos italianos Ferrari e outros, de aí que o nome do equipo cambiou e pasou a usar a palabra italiana equivalente "Scuderia".
O equipo participou en varias carreiras en toda Europa, o documento de presentación descríbe.[3]
O equipo compoñíase de:
- Rudolf Fischer: dono dun restaurante de éxito.
- Rudolf Schoeller
- Peter Hirt: un rico home de negocios de Küssnacht, preto de Zürich, que fabricaba ferramentas de precisión.
- Peter (Pierre) Staechelin de Basilea.
- Max de Terra
- Paul Glauser
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Écurie Espadon | SVA 1500 | FIAT L4 | RU |
MON |
500 |
SUI NTS |
BEL |
FRA |
ITA |
NC | 0 | |
1951 | Écurie Espadon | Ferrari 212 | Ferrari V12 | SUI 11 |
500 |
BEL | FRA |
RU |
ALE 6 |
ITA | ESP | NC | 0 |
1952 | Écurie Espadon | Ferrari 500 | Ferrari L4 | SUI 2 |
500 |
BEL | FRA 11[4] |
RU 13 |
ALE 3 |
NED |
ITA Ret |
4º | 10 |
Notas
editar- ↑ Swiss Auto Race to Taruffi, Los Angeles Times, May 19, 1952, Page 24.
- ↑ [1] Arquivado 10 de abril de 2008 en Wayback Machine. Presentation document Ecurie Espadon
- ↑ [2] Team Espadon background
- ↑ Inscribiuse e clasificou no seu Ferrari 500, pero un fallo no motor significou que volveu ao modelo 212 da tempada anterior para a carreira. Compartido con Peter Hirt.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rudi Fischer |