Área histórica da Gornición (Bridgetown)
A Gornición de St.Ann (en inglés: St. Ann's Garrison), ou máis coñecido como "A Gornición" (en inglés: The Garrison), é un pequeno distrito de Bridgetown, en Barbados. Esta Área histórica da Gornición atópase a unhas dúas millas ao sur da Praza dos Heroes, na capital Bridgetown, e xusto ao oeste da aldea de Hastings, na parroquia veciña de Christ Church. Está dominado pola súa histórica pista de carreiras de cabalos, situada no campo de desfile de 30 acres chamado Garrison Savannah. A zona de Garrison contén ademais moitos edificios históricos, incluíndo cuarteis para o persoal militar. O distrito está dividido en dous pola estrada 7, co forte de Saint Ann, onde está a Forza de Defensa de Barbados (BDF), situada ao oeste.
Centro histórico de Bridgetown e a súa Gornición Militar | |
---|---|
Barracóns da Gornición | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Barbados |
Localización | 13°05′46″N 59°36′30″O / 13.09611, -59.60833 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV |
Inscrición | 2011 (35ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 1376 |
O conxunto forma parte do Patrimonio da Humanidade de Barbados xunto co centro histórico de Bridgetown.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Hartland, Major Michael (decembro de 2007). A Concise & Illustrated Military History. Miller Publishing Company. ISBN 978-976-8215-20-8.
- Hartland, Major Michael (9 de decembro de 2009). The Great Guns of Barbados. Miller Publishing Company. ISBN 978-976-95153-5-2.