Ángela Vallina

política española

Ángela Vallina, nada en Castrillón o 6 de xullo de 1959, é unha política asturiana, Eurodiputada do grupo da Esquerda Europea e antiga alcaldesa da súa localidade natal.

Ángela Vallina
Nome completoAngela Rosa Vallina Noval
Nacemento6 de xullo de 1959
Lugar de nacementoCastrillón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónpolítica
Na rede
Facebook: angela.vallina Twitter: AngelaVallina Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou puericultura e historia na Universidade de Oviedo. Tivo a metade dun negocio de agasallos e decoración e logo foi a xerente dunha empresa de transporte familiar.

No ano 1999 entrou na lista de Izquierda Unida ao concello de Castrillón[1]. En 2003 accedeu á alcaldía, manténdose ata o ano seguinte cando a oposición presentou unha moción de censura. Volveu á alcaldía logo das eleccións de 2007, nas que IU obtivo os mellores resultados da súa historia no concello. En 2011, revalidou a súa xestión e IU converteuse na primeira forza política nun goberno en minoría, sen realizar pacto de goberno ningún coas outras forzas políticas.

Logo das eleccións europeas de 2014, Ángela Vallina converteuse en eurodiputada. En substitución de Vallina o 14 de xuño de 2014 accedeu ao posto como alcaldesa Yasmina Triguero Estévez.

Notas editar

  1. "IU propone a Ángela Vallina para la lista a las elecciones europeas". RTPA. 30 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2019. Consultado o 23 de abril de 2019.